Primeiro encontro do proxecto interxeracional co Centro de maiores de Afundación: 'Fálame da escola' para 1ºBAC D

O vindeiro xoves 31 de xaneiro, continuamos cos sempre enriquecedores encontros cos maiores do centro de Betanzos do espazo +60 de Afundación . Desta volta, compartirán as súas experiencias na escola co alumnado de 1º de Bacharelato.

Grupo Día Horario
1ºBAC D xoves 31 de xaneiro de 9:35 a 11:15
1º BAC E/C venres 8 de febreiro de 11:45 a 13:25

A súa foi, sen dúbida, unha escola moi distinta á nosa, na que non había canóns, wifi ou ordenadores, pero que tiña en común cas novas xeracións a curiosidade e ganas de aprender.

Organizado por Julián Ferrer do Departamento de Xeografía e Historia.

falame da escola