Iniciación ao piragüismo para 1º ESO C

23/10/2018 15:20
Etc/GMT+1

iniciacion piraguismo

 

ESO 1º C Martes 16:20 a 18:00

 

Actividade de dúas sesións-clase organizada polo Departamento de Educación Física. Suxeita á meteoroloxía e mareas.

É imprescindible levar bañador, camiseta, toalla,chanclas e unha muda para cambiarse.

Aínda que todo o alumnado terá un chaleco salva-vidas á hora de montar na piragua de tipo involcable, é interesante saber de antemán se o alumno/a sabe nadar. Cómpre avisar ao profesor/monitor.

Acompañan ao alumnado participante o profesor de educación física José Permuy Fraga e un monitor do Clube de Piragüismo Ría de Betanzos.

Lembrar ao alumnado que, na piragua non deben levar obxectos de valor que poidan caer ao auga e logo ser imposibles de recuperar, coma teléfonos móviles, etc.

Non é obrigatoria, pero o alumnado que non asista a ela tén a obriga de asistir ás clases no centro de xeito habitual.