Obradoiro Di K Non. Prevención do consumo de drogas. Segunda sesión 2019

26/02/2019 09:15
Etc/GMT+1
di k non

Di K Non. Prevención do consumo de drogas
Di K Non é unha experiencia educativa na que internos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro na que comparten as súas experiencias con escolares galegos co fin de previrlles sobre o consumo de drogas.

Esta iniciativa, posta en marcha pola Fundación Barrié e a Unidade Terapéutica Educativa (UTE) de Teixeiro, é unha experiencia pionera en educación que foi premiada no 2018 pola Fundación Galega contra ou Narcotráfico polo seu labor de prevención de drogodependencias entre os adolescentes galegos e o alto valor terapéutico educativo dos espazos libres de drogas dos centros penitenciarios, facilitando a reintegración social dos internos.

A segunda parte desenvólvese no Centro Penitenciario de Teixeiro, no módulo
onde se atopa situada a Unidade Terapéutica e consta de:
- Lectura dunha carta presuntamente escrita por un familiar para poñerse no
lugar dos internos no momento do seu ingreso en prisión;
- Realización de grupos de traballo, conxuntamente con internos da Unidade,
onde se expoñen as razóns que poden conducir ao comezo do consumo e as súas
consecuencias;
- Posta en común das conclusións extraídas en cada grupo.

 

Cumprindo xa o aforo máximo ofertado pola actividade, só poden realizar esta visita os grupos de ESO 4ºB e 4ºD.

Todos os participantes deberan asinar xunto coas súas familias a autorización para poder visitar o cárcere de Teixeiro. Asimesmo, o día da visita deberán portar o seu DNI e non levar móviles ou prendas con metais que non superen o arco de seguridade.

A saída será do IES Francisco Aguiar ás 9:15  e voltaremos sobre as 14:00.