Arte e historia de Galicia en Compostela para 2º BAC. 24.IV.2018

 

O vindeiro martes 24 de abril o alumnado das materias en 2º BAC  de Historia da Arte  e Historia e Xeografía de Galicia, desprazarase para visitar Santiago de Compostela. 

Trátase dunha visita habitual cada curso para os alumnos da materia de Historia da Arte. Un ano máis estará dirixida e guíada polo profesor Xosé Luis Mosquera, esta vez acompañado polo profesor Xan Munín. 

A Catedral compostelá e o seu entorno urbano e monumental, o Museo do Pobo Galego, o Centro Galego de Arte Contemporánea e a Cidade da Cultura son os eixos artísticos sobre os que xirará esta actividade didáctica.