Á luz das mámoas. Obradoiro de pintura megalítica para alumnado de 1º da ESO. 11.V.2016

O Departamento de Xeografía e Historia recibíu recentemente unha interesante proposta, a celebración dun obradoiro experimental de pintura megalítica no que o noso alumnado de 1º da ESO toma contacto coas técnicas artísticas que decoran o interior das cámaras funerarias empregando os pigmentos e aglutinantes orixinais.

Tras diste proxecto atópase un grupo de xoves e entusiastas arqueólogos. A súa  inciativa Á luz das mámoas (http://aluzdasmamoas.gal), parte do proxecto de conservación dun conxunto arqueolóxico no concello lucense do Saviñao, na Ribeira Sacra. Como parte do programa apoiado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia realizan actividades divulgativas entre a poboación escolar coa finalidade de contribuír á súa concienciación patrimonial.

Para seguilos en facebook