DEPENDENCIAS DO INSTITUTO
O IES Francisco Aguiar é un centro constituído por diversos edificios relacionados entre sí a través de espazos libres, pistas deportivas e zonas verdes.
Está integrado nunha importante zona dotacional de Betanzos, preto do Centro de saúde, IES As Mariñas, Colexio Público Francisco Vales Villamarín, estación de tren e a 10 minutos do centro da cidade.
Ademais das aulas normais de clase, o Instituto conta con aulas específicas, talleres e laboratorios para o desenvolvemento de materias como Música, Informática, Tecnoloxías ...
Son salientables unha Biblioteca chea de oferta de actividades, Pavillón Polideportivo cuberto e as amplas zonas verdes.
Outras dependencias: Ximnasio, salón de actos, sala de usos múltiples e cafetería.