Xornada de fotos típicas e museos en Londres

Poucas imaxes, das que habitualmente ilustran as viaxes a Londres, son tan repetidas como as que agora presentamos: o grupo perfectamente en posición de pose co London Bridge ás súas costas. Se repasades as diversas viaxes que dende hai moitos anos fai o noso instituto, veredes que cada ano esta unha imaxe repetida.

A outra constante en materia de imaxes é a que aportan as fotografías en escalinatas ( a medio camiño entre o necesario descanso e a foto tópica): Saint Paul, National Gallery, British, Victoria&Albert.

 De feito o noso grupo de expedicionarios destacados en Londres abordan entre o mércores e o xoves un ambicioso programa de visitas a museos: British Museum, Museo das Ciencias e da Historia....