Anatomía Aplicada...¡ e tanto !

Aquela mañá do 3 de novembro ela foi quen de chamar a atención de todo o mundo. A profesora do pelo rizo e pasos máis que lixeiros percorreu os andeis do instituto portando unha neveira das que se usan para ir  á praia no verán. Ben certo que o atuendo, unha bata branca de laboratorio,  non suxería tal uso.

Non é, por tanto,  extrano que Chus Santamariña tivese que respostar máis dunha vez  á pregunta polo contido da citada neveira. 

Non eran, non,  bebidas refrescantes ou xeados para aliviar o veraniño de San Martiño;  nin tampouco unha provisión de marisco en oferta (¡máis quixesemos!) ...tratábase do material para a práctica que faría esa mañá co alumnado de Anatomia Aplicada de 1º BAC: a articulación dunha das extremidades dunha vaca...rótulas, meniscos e todas esas cousas !

O laboratorio de Ciencias Naturais  foi testigo esa mañá dunha disección máis que profesional e dunha atención inusitada por parte do alumnado.

Como semella suxerirnos Nerea co mellor dos seus sorrisos:   ¡ anímaste, foi divertido!

NOTA:

A profesora Chus Santamariña quere deixar aquí constancia do seu grande agradecemento ao personal de carnicería do Eroski. Elas prepararon a peza coa que logo se traballou no laboratorio, tarefa ista que, tendo en conta as dimensións "do bicho",  foi ben custosa. Porén, o resultado didáctico foi máis que satisfactorio.