Susana Acosta da Voz de Galicia visita o Francisco Aguiar

 
     Organizado polo Departamento de Lengua e Literatura Castelá, está previsto un encontro o venres 10 de abril coa periodista  Susana Acosta periodista da Voz de Galicia. O contacto xurdíu  a través do Programa  Prensa_Escuela no que o IES Francisco Aguiar participa grazas ao empeño e á coordenación da profesora Elvira Castro Otero.

      O encontro terá lugar en dúas sesións con todo o alumnado de 2º da ESO a partir da 9.30 h. Expoñeranse, dende unha perspectiva personal, aspectos do traballo diario e a experiencia do periodista. Igualmente , tocarase o tema das redes sociais, internet...