"Food for Thought" teatro en inglés no Aguiar.

     Retoma o Departamento de Inglés unha tradicional actividade coa que cada ano complementa a formación lingüística do noso alumnado, a representacións teatrais en inglés. 

     Desta volta traen o teatro, da man da compañía especializada movingontheatre,  ao propio IES Francisco Aguiar con dúas representacións. A primeira terá lugar entre as 10.50 e as 12.00 h. e irá dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO. A segunda, entre as 12,35 e as 13,45 h. terá como público ao alumnado de 2º da ESO.

     A obra promete nivel e diversión por partes iguais. Xoga, dende o propio título,  coa idea da "comida" (food) (no multicultural e cosmopolíta ámbito do mundo angosaxón); e unha expresión (food for thought) que poderíamos traducir como  "algo para pensar".

      É a nosa intención destacar "intrepidos/as" reporters que poidan dar conta do acaecido... e pensado.