Regreso da viaxe de 4º da ESO a Londres

      O avión retrasárase case dúas horas.  A información que proporcionaban os aeroportos a través das suas páxinas web non estaba moi actualizada.  As noticias que se sucedían eses días sobre o accidente nos Alpes introducían un plus de tensión na espera. As condicións meteorolóxicas do xoves en A Coruña facían temer aprazamento do vó ou desvío cara a Santiago....

     Pero, ao fin, os 58 alumnos e 4 profesores( José Antonio Varela, Chus Suárez, Elvira Charlín e Massiel Vera) participantes na viaxe a Londres arribaron  ao aeroporto de A Coruña.

      Nos seus rostros o cansazo dun longo día de viaxes e esperas  que seguían a uns intensos e frios días londinenses visitando museos ( British, Museo de Londres, National Gallery, Museo de Ciencias Naturales, Museo de Ciencias )e lugares importantes como o Teatro de Shakespeare ( The Globe ), Greenwich e asistindo a un Musical.