Chegou aos nosos oídos...Abarrategui e Pascual en RNE

Chegou aos nosos oídos...que o martes 16 de decembro eran protagonistas en programa radiofónico de máxima audiencia : Lucía Abarrategui (ex alumna do Aguiar) e Sergio Pascual ( empezamos a pensar nomealo alumno adoptivo Guiño) O curso pasado  impartiron ao alumnado do Aguiar o seu taller de radio polas letras galegas .  Este martes eran entrevistados en Radio Nacional de España.

O programa "Las Mañanas" que conduce Alfredo Menéndez facíase eco da iniciativa de Lucía e Sergio para levar a radio por toda a nosa bisbarra  , facendo radio con xente maior, con xóvenes e con nenos, facendo terapia e servizo público. Sendo, dende as ondas,  dinamizadores en Coirós, Betanzos, Monfero...

NORABOA, Lucía e Sergio.  Toda unha honra para a comunidade do IES Francisco Aguiar.