mupega+cubertas= Saída cultural de 1º da ESO A e B

 

O martes 28 de outubro o alumnado de 1º ESO A e B terán a oportunidade de visitar o MUPEGA ( Museo Pedagóxico de Galicia) e as Cubertas da Catedral  nunha visita cultural  á cidade de Santiago de Compostela que durará toda a xornada escolar.

Estarán acompañados e guiados polos profesores Constantino Chao, Francisco J. Sánchez e Concepción Barrilero.

Segundo as previsións meteorolóxicas non terán ocasión de comprobar que en Santiago a choiva é arte...pero para estes menesteres é mellor ¿non si?