Xabier P. Docampo no IES Francisco Aguiar

Cando, dentro de non moito tempo, a xente que está pasar polos centros de estudo nos últimos 20-25 anos  faga un repaso das lecturas que lle marcaron ou das que lle iniciaron no mundo da lectura, caerán na conta da importante presencia deste escritor: Xabier P. Docampo.Escribir non é doado. Facelo e engaiolar coa palabra as xeracións novas é un labor de titáns que Xabier Docampo resolve con auténtica mestría. Faino cunha palabra que é capaz de levarnos da risa  ao tremor  sen aparente esforzo. 

Mañá xoves 20 de marzo, ás 9,30,  Xabier terá un agardado encontro co alumnado de 1º da ESO no Salón de Actos do Instituto . Todo un luxo e unha honra para o noso Centro que temos que agradecer ao esforzo do departamento de Lingua e Literatura Galega.