Chegou ata os nosos oídos......."Martini Seco", Juan Vázquez e a Agrupación Teatral Mariñán

Chegou aos nosos oídos ,,,, que Juan Vázquez ( o primeiro pola esquerda na imaxe de cabeceira) , ex alumno   e  tamén ex profesor de Lingua e Literatura Castelá do IES Francisco Aguiar e hoxe profesor da dita materia  en Pontedeume,  presenta o sábado 22 de febreiro obra de teatro xunto coa Agrupación Teatral Mariñán.

Juan é socio fundador e "alma mater" da dita Agrupación Teatral que cumpre este ano o seu 20 aniversario. Grazas ao labor deste incombustible grupo de amantes do teatro, cada ano polo mes de febreiro,  temos a oportunidade, e o pracer, de disfrutar dun Festival de Teatro Afeccionado ( imos xa pola V edición) . Este ano  participaron nel  Andaravía Teatro que presentou a súa obra "República de Guntián"; Tangatutanga de Santiago cunha espactacular representación do "drama histórico políticamente incorrecto"  "Urraca"; e a  Compañía Municipal de Teatro de Sada co clásico de Buero Vallejo "Historia de una Escalera".

O sábado 22 de febreiro toca o turno aos anfitriones. A Agrupación Teatral Mariñán estrea a súa posta en escena de "Martini Seco" . Será ás 20 h. na Aula de Cultura Xulio Cuns do Concello de Betanzos.