¿Que hacen dos chicos (Paco Roca e David Rubín) en un sitio como este ("Aguiar")?

O pasado 28 de febreiro no programa "Versión Española" que presenta cayetana Guillen Cuervo , emitíase en toda España a película "Arrugas" dirixida por Ignacio  Ferreras e baseada no comic do mesmo título de Paco Roca. Como é habitual neste programa, de seguido da proxección veu un coloquio  que resultou moi interesante.

O que non podiamos imaxinar é que tan só dúas semanas máis tarde Paco Roca estaría no Aguiar presentando a película e o seu comic aos rapaces de 1º e 2º da ESO ( que por eses días tamén puideron disfrutar nas aulas Abalar da película "Arrugas")

 

Pois así é, grazas ás xestións do Equipo de Biblioteca ,  o xoves 13 de febreiro ás 10.30 Paco Roca e David Rubín visitarán o "Aguiar" para ter un encontro, seguro que moi interesante, con todo o alumnado do primeiro ciclo da ESO

 

 

 

Volvemos ao título musical desta entrada. ¿Que fan dous autores tan coñecidos de banda deseñada nun Instituto como o Aguiar de Betanzos?.  A explicación é doada. Xa dende hai varios anos o noso instituto trabala coa banda deseñada:

.Temos unha sección na Biblioteca adicada ao cómic

.Publicamos anualmente unha  revista escolar de banda deseñada "BDban-de"

.As materias de Lingua Castelá e Lingua Galega  utilizan asiduamente nas súas aulas albums ilustrados e obras de banda deseñada como parta da súa programación de traballo e lecturas.

Para completar a oferta a Biblioteca acaba de mercar dúas obras destes autores

 -"Beowulf" de Santiago García e David Rubín  sobre o poema épico anglosaxón que tanto influíu en Tolkein

. "Los Surcos del Azar" de Paco Roca, sobre combatentes republicanos na Guerra Civil e na II Guerra Mundial