Eventos
Ven | ||
---|---|---|
Xa temos rematado o novo recuncho na Biblio: o Xardín dos Libros, un espazo con propostas para ler nun ambiente de calma coma a que nos ofrece a natureza. Achégate e goza desta novidade na Biblio! Moitas grazas a X. M. Reybao polo magnífico mural pintado que fai que o recuncho sexa aínda máis bonito. Start: 10/05/2024 07:40
O alumnado de E1 participa na Carreira Solidaria por Betanzos organizada polo CEIP Vales Villamarín.
O alumnado de 3 ESO de Proxecto competencial, desfrutou dunha fermosa mañán no Pazo de Mariñán. Nos seus xardíns, os estudantes foron ilustrados polo profesor David que contou interesantes curiosidades sobre o buxo, os teixos, as maceiras, eucaliptos, camelios, abeleiras, e outras moitas frondosas. O seu ameno discurso fixo a xornada memorable. Grazas a David polas súas explicacións e ao alumnado pola súa atención. |