Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Maio 09, 2024
Venres Maio 10, 2024

Xa temos rematado o novo recuncho na Biblio: o Xardín dos Libros, un espazo con propostas para ler nun ambiente de calma coma a que nos ofrece a natureza. Achégate e goza desta novidade na Biblio!

Moitas grazas a X. M. Reybao polo magnífico mural pintado que fai que o recuncho sexa aínda máis bonito.

Start: 10/05/2024 07:40

 

 

 

 

 

Nós, 10 de maio de 2024.

O alumnado de E1 participa na Carreira Solidaria por Betanzos organizada polo CEIP Vales Villamarín.

O alumnado de 3 ESO de Proxecto competencial, desfrutou dunha fermosa mañán no Pazo de Mariñán. Nos seus xardíns, os estudantes foron ilustrados polo profesor David que contou interesantes curiosidades sobre o buxo, os teixos, as maceiras, eucaliptos, camelios, abeleiras, e outras moitas frondosas. O seu ameno discurso fixo a xornada memorable. Grazas a David polas súas explicacións e ao alumnado pola súa atención.

Sábado Maio 11, 2024
Start: 11/05/2024 16:51

Agradeceriamos saber dicir quen é o autor da ilustración do Museo de Pontevedra

É perfecta para explicar cal é o pracer que obtén o lector dos poemas de Música reservada

 

Luns Maio 13, 2024

Piragüismo polo Mandeo

O club de ciencias organizou unha excursión á central eléctrica de Goimil, onde aprenderon que as centrais dese tipo desvían o río, en troques de facer encoro, o que a fai moito máis sostible porque derivan o cauce e devólveno ao río.

Martes Maio 14, 2024

O alumnado de E3E gozou dun paseo polo Betanzos dos séculos XIX e XX. Esperemos que aprenderan a relacionar o urbanismo e a arquitectura desta época coa estética e a historia da música. Canto menos amosaron interese e bo humor!

Alumnado de ESO4 no Mandeo

Mércores Maio 15, 2024

O pasado 15 de maio celebrouse no IES Francisco Aguiar o I Trofeo Escolar de Xadrez "Letras Galegas" no que participaron os 3 institutos de Betanzos quedando 1. IES Francisco Aguiar 2. IES As Mariñas 3. CPR Plurilingüe Nosa Señora do Carme

Noraboa a tod@s os participantes! E moitas grazas pola súa colaboración aos Equipos de Dinamización Lingüística, Excmo. Concello de Betanzos, Gadisa e Xaquedrum.

Alumnado de ESO2C no Mandeo

Xoves Maio 16, 2024

Visita á Domus do alumnado de Anatomía, Bioloxía, Cultura Científica e Antropoloxía.

Alumnado de ESO2A no Mandeo

Co gallo do Día das Letras Galegas, o alumnado de Proxecto Competencial de 1º ESO D/E plasmou algúns dos refráns e ditos populares relacionados co tempo que foron recollidos na Fase I de "Refráns Meteorolóxicos" de Meteoscolas. Toda a comunidade educativa participou ao longo do curso aportando refráns dos seus lugares, primando a zona de Betanzos e das Mariñas. Mestúranse así aportacións do alumnado de todos os niveis con algúns do profesorado, de administración e de conserxería. Proximamente, procederase á Fase II de gravación dos mesmos na Radio do instituto por parte do alumnado e dos familiares que se queiran achegar a gravar.

Domingo Maio 19, 2024
Start: 19/05/2024 16:21
«Prithee, smite the poet in the eye when he would sing to you praises of the month of May».
Así comeza o relato de O. Henry, The Marry Mouth Of May, que, na versión ao español, deixamos como suxestión de lectura.
Pode ser que maio non sexa o mes máis alegre... 
Innegable é que ven sendo o mes no que a Primavera convida a todos a pousar pés e mans no corazón da terra.
Martes Maio 21, 2024

O alumnado de E1 puido gozar da visita da escritoria Andrea Maceiras.

Alumnado de ESO2B no Mandeo

Mércores Maio 22, 2024
Xoves Maio 23, 2024

Alumnado de ESO2D no Mandeo

Hoxe celebramos a cerimonia de graduación do alumnado de 2º de Bacharelato. Velaiquí algunhas fotos do evento. Parabéns a todxs e moita sorte no futuro!

Venres Maio 24, 2024
Domingo Maio 26, 2024
Start: 26/05/2024 09:47
Aínda que estamos dacordo en que os libros embriagan, non temos máis remedio que sinalar a anacrónica elegancia que amosa este lector dos contos de Anxos Sumai e Manju Kapur.
Luns Maio 27, 2024

Alumnado de B1 de Xeografía e Historia visitan o Pazo de Meirás, onde aprenden sobre a súa orixe e o seu rol na historia de España e de Galicia.

Martes Maio 28, 2024

E1D/E Proxecto Competencial + E1B Exención Francés

O pasado martes 28 de maio o alumnado de bioloxía e xeoloxía de 4º de Eso realizou unha ruta dende o centro escolar ata a praia de Ponte po Porco co galo de facer  unha avaliación da paisaxe da zona. Para iso desenvolveuse durante unha xornada escolar un roteiro de 16 km desde o centro escolar á próxima praia de Ponte do Porco. Durante o roteiro tiñan que avaliar, mediante unha recollida de datos nunha ficha, tres zonas diferenciadas:  unha primeira urbana e agrícola, unha segunda máis rural, e por último unha terceira do río Lambre máis natural. Os aspectos recolleitos da paisaxe dividíronse para iso en tres bloques: elementos realizados polo ser humano , elementos naturais bióticos e elementos naturais abióticos. Tras esta análise deberían tipificar cada paisaxe e realizar unha valoración cuantitativa dos diversos aspectos atopados, tanto positivos como negativos. Con esta actividade pretendíase que recapacitasen sobre os distintos elementos que compoñen a paisaxe, así valorizar  da paisaxe como un elemento importante na sustentabilidade, pola súa importancia ecolóxica, social e mesmo económica coimo fonte de turismo.

No ficheiro adxunop pode verse o mapa do percorrido e a ficha de recollida de datos para a avaliación da paisaxe

Mércores Maio 29, 2024
Start: 29/05/2024 07:18

Durante o curso 2013-2014 comezaron as primeiras reunións dos Clubs de Lectura. 

Extendemos a convocatoria ás familias (e outros adultos da comunidade educativa) no inverno do 2013. 

A primeira reunión sucedeu o 19 de marzo de 2014.

Iso significa que o 27 de marzo deste 2024, día da visita de José Ovejero, poderiamos ter conmemorado o décimo aniversario do noso Club de Lectura. 

Aproveitaremos a xuntanza deste próximo mércores 29 de maio para festexar esta longa andaina. 

19 horas

Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez

IES Francisco Aguiar

O alumnado de 1º da ESO A/B de Proxecto Competencial visita unha exposición na praza do Campo.

O IES Francisco Aguiar organizou un torneo intercentros de fútbol feminino no marco do programa Xogade da Xunta. Participaron o IES As Mariñas, o IES de Breamo, o IES de Mugardos, o CPI Virxe da Cela, o CPI Vales Villamarín e o CPI Castro Baxoi.

Parabéns polo 3º posto conseguido tanto polo equipo infantil coma polo cadete!

Xoves Maio 30, 2024

A Consellería de Educación vén de publicar información sobre o programa EduMob de intercambio individual de alumnado en réxime de reciprocidade con alumnado de Francia durante o curso 2024/2025.

 

CARACTERÍSTICAS DO PROGRAMA: o alumnado residirá coa familia do seu homólogo francés e asistirá a clase no centro docente do seu anfitrión/anfitrioa, garantindo así a continuidade dos obxectivos curriculares e as competencias correspondentes á etapa educativa. Ao mesmo tempo, a familia do alumnado participante comprométese a acoller no seu domicilio e integrar na vida e actividades familiares a un alumno/a francés/a.

As datas previstas son as seguintes:

  • Estadía en Francia: do 16/09/2024 ao 11/10/2024
  • Acollida en Galicia: do 28/10/2024 ao 22/11/2024

 

DESTINATARIOS: alumnado que o vindeiro curso estea matriculado en 1º de Bacharelato, que curse francés como 1ª ou 2ª lingua estranxeira, que teña unha nota mínima de 7 no expediente da ESO e de 7 na materia de 4º de francés de 4º da ESO (ver outros requisitos na resolución que se achega).

PROCEDEMENTO E CRITERIOS DE SELECCIÓN: (ver Anexo II)

DOCUMENTACIÓN QUE O ALUMNADO DEBE PRESENTAR: solicitude de participación (ver Anexo I)

DATA TOPE DE PRESENTACIÓN: mércores día 5 ás 14.15

 

Resolución

Anexos

Álex Abad Mourón, alumno de 2º de Bacharelato D, participou na Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos na USC.

Sábado Xuño 01, 2024
Domingo Xuño 02, 2024
Start: 02/06/2024 12:57

 

 

 

Non é imprescindible facer esta escaleira de libros lectores para achegarse aos textos das propostas para esta semana: Benjamín Prado e Berta Dávila.
Distribuir contido