Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Martes Novembro 30, 2021
Start: 30/11/2021 06:45
End: 30/11/2021 10:20

 

Os grupos de 1º de ESO recibirán formación por parte de Guardia Civil sobre as formas do acoso escolar e as formas de combatilo.

Start: 30/11/2021 10:35
End: 30/11/2021 12:00

O alumnado de 2 curso de Ciclo Superior visita o Eroski Betanzos para analizar a organización do establecemento, ubicación de seccións, reparto de lineais e presentación de produtos, co fin de ver na práctica os coñecementos explicados na aula.

Mércores Decembro 01, 2021
Start: 01/12/2021 12:48
 
 
Alejandro Carro Figueroa
 Pedro Rafael de Farias Alves
Simón Cabanas Fernández
 Alba Rufino Fernández
Iria Porta García

Sabela Rivera González

 Marcos López López

 Celia Matos Fernández

Pablo Medín González

Daniela Varela Mella
 

Juana Barreiro Sánchez

Aida García Regueiro

 Karol Lemos Carro

Este é o terceiro ano no que o alumnado do IES Francisco Aguiar responde á solicitude da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez, participando na elaboración do Calendario solidario pro Cancer Research Innovation Spain [Iniciativa Noel] [www.criscancer.org]. 

A creatividade dos alumnos de Eva Alfonso Alonso e Xosé Manuel Rey Bao dificultou moito a selección das ilustracións. Por iso, é de xustiza reproducir nesta páxina, no chamado Calendario Alternativo 2022, tanto as catro ilustracións finalistas para a portada, como outros doce debuxos que ben poderían ter sido elixidos no lugar dos que compoñen este traballo. Un proxecto que non tería chegado ás súas mans sen a xenerosa axuda de ACEBE (que colabora de novo na distribución do calendario na súa rede de comercios) e a excepcional diagramación de Carmen Miragaya.
 

Por último, o noso explícito agradecemento á Fundación María José Jove, que, facendo posible a impresión deste calendario solidario, comprace os desexos de toda a xente de ben que sempre anda áprocura dun mundo mellor.

Venres Decembro 03, 2021
Start: 03/12/2021 19:45

 

 

 

O golfista, Antón Pérez Medín, alumno de 4º de ESO, asistiu a unha recepción presidida pola alcaldesa, Dona María Barral Varela, na que foi homenaxeado por vir de recibir o recoñecemento da Secretaría Xeral para o Deporte como deportista de alto rendemento.

Luns Decembro 06, 2021
Start: 06/12/2021 06:45
End: 06/12/2021 12:15

Hoxe día 6 celébrase a Constitución. O día non é lectivo.

Cómo estudiar la Constitución Española en una oposición: 10 trucos

Start: 06/12/2021 11:38
 
   O equipo formado pola nosa [ex]alumna Camila Ros Torres e as súas compañeiras,  Lucía Sánchez Domínguez, Sabela Seco Pérez, todas estudantes do segundo curso do Grao en Xestión Industrial da Moda na Facultade de Humanidades e Documentación, no Campus Industrial de Ferrol, obtivo o Premio á Innovación no concurso de vídeos Móvete polos ODS co traballo Moda por el clima.
 
 
Start: 06/12/2021 23:00
Martes Decembro 07, 2021
Start: 06/12/2021 23:00
End: 07/12/2021 22:59
Mércores Decembro 08, 2021
Start: 08/12/2021 06:45
End: 08/12/2021 12:15

Celébrase hoxe a festividade católica da Inmaculada Concepción, que ten a consideración de día non lectivo.

Start: 08/12/2021 11:26
11ª SEMANA 
 
[5ª SESIÓN]
 
O prodixio do estrañamento... 
Ler a Liliana Heker ou a Antonio García Teijeiro e a Antonio Reigosa para deixar que a luz das súas palabras nos transporte a un non-lugar, onde se cumpre a realidade da ficción.
Xoves Decembro 09, 2021
Start: 09/12/2021 15:47

O instituto Francisco Aguiar acolle unha exposición que reivindica, mediante a tecnoloxía, o patrimonio das embarcacións tradicionais de Galicia 09 dic 2021

   Betanzos conserva nos seus ríos un gran número de embarcacións de madeira. Un patrimonio fluvial que debe perdurar malia que nos últimos tempos a carpintería de ribeira que permitiu construílas estea en retroceso e falte relevo xeracional para dirixir os barcos a bo porto. No instituto Francisco Aguiar, da man da Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar) e co apoio da Consellería do Mar, exponse estes días Fasquía 3D, unha mostra na que colaborou o propio centro xunto co ciclo de mantemento de embarcacións de recreo do CIFP Ferrolterra. Fasquía 3D, que naceu coma un proxecto de innovación educativa, propón achegar a tecnoloxía á tradición. 

[...]

D. Vázquez, La Voz de Galicia, 9 de decembro de 2021.

 

Domingo Decembro 12, 2021
Start: 12/12/2021 13:09

 

 

12ª SEMANA 
 
[6ª SESIÓN]
 
Acércase o solsticio de inverno.
 
Tempo para os recordos e as esperanzas, os remordimentos e os bos propósitos.
A nós cóllennos voando, levando entre as mans as nosas lecturas.
De seguro, as palabras de O'Henry e de Manuel Rivas, serán un moi fértil nutriente para as ponlas novas da árbore da literatura. 
 


 

 
 
Luns Decembro 13, 2021
Start: 13/12/2021 09:15
End: 13/12/2021 19:15

O luns 13 de decembro reuniranse as seguintes xuntas de avaliación:

 

- 2º ano do Ciclo, ás 11.15.

- 3º de ESO e tres grupos de 4º de ESO, a partir das 16:00 até as 21:15.

 

Start: 13/12/2021 10:35
End: 13/12/2021 11:25

 

Unha persoa representante do FUAC visitará o centro para impartir unha charla informativa sobre as bolsas de estudo da FUAC para titulados en FP, explicando as características das mesmas.

Martes Decembro 14, 2021
Start: 14/12/2021 09:15
End: 14/12/2021 18:15

O martes 14 de decembro desenvolveranse as seguintes sesións de avaliación:

 

 

- 1º ano do Ciclo, ás 11.15.

 

- Un dos grupos de 4º de ESO e dous grupos de 1º de ESO, a partir das 18:05 até as 20:15.

 

 

Mércores Decembro 15, 2021
Start: 15/12/2021 14:00
End: 15/12/2021 18:25

O mércores 15 de decembro celebraranse as seguintes sesións de 1ª avaliación:

 

 

- Dous grupos de 1º de ESO e todos os grupos de 2º de ESO, a partir das 16:00 até 20:25.

 

Xoves Decembro 16, 2021
Start: 16/12/2021 10:35
End: 16/12/2021 11:26

  A Asociación de Escritoras e Escritores es en Lingua Galega (AELG), organiza, coa colaboración da Deputación da Coruña, o programa "Pasemos páxina" que ten como obxectivo abordar a violencia machista nas aulas de secundaria a través do encontro con sete autoras galegas que tratan a temática na súa obra, tanto de narrativa como de ensaio.

A autora Priscila Retamozo visita 4ºA ás 12:35.

Start: 16/12/2021 14:00
End: 16/12/2021 18:00

O Xoves, 16 de decembro reuniranse as sesións de avaliación de 1º de Bacharelato, a partir das 16:00 até as 20:00.

Venres Decembro 17, 2021
Start: 17/12/2021 07:35
End: 17/12/2021 11:25

 

O día 17 de decembro os grupos de 4º de ESO visitarán o Espazo Xove para recibir unha charla impartida pola psicóloga clínica Sara Purcell Sobrino orientada á saúde mental na era poscovid.

 

Start: 17/12/2021 09:30
End: 17/12/2021 11:25

O Departamento de Bio-Xeoloxía organiza unha saída áReserva de Anfibios do Catorce, en Coirós, dirixida aos cursos de 1º, 2º e 4º de ESO.

Esta reserva foi creada pola entidade custodia do territorio "Fundación Fragas do Mandeo".

 

Start: 17/12/2021 10:35
End: 17/12/2021 11:25

O día 17 de decembro visítanos Sara Carreira, xornalista da Voz de Galicia, para dar unha charla a 1ºB e 2ºD de ESO sobre o proxecto A voz da Escola.

 

Sábado Decembro 18, 2021
Start: 18/12/2021 16:47

 

 



13ª Semana 

[1ª Sesión]

 
Con estas suxestións de lectura (Paul Auster, Hans Christian Andersen, unha antoloxía de microrrelatos navideños e o conto de Reis, de Rafael Dieste) chegamos á última semana lectiva do 2021, pregando que non se cumpla o vaticinio de Giselle Aronson.
 **********

SUPUESTO  

   
   —Soy Papá Noel. ¡Créanme! ¡Soy Papá Noel!— gritaba el hombre vestido acorde a sus declaraciones desgañitadas. En vano intentaba zafar de los inclementes enfermeros de la Clínica Psiquiátrica Municipal, quienes estaban acostumbrados a maniatar y escuchar alaridos. A ellos ya no les sorprendían los supuestos Napoleones, los Bill Gates ficticios, las pretendidas Marilyn Monroe, tampoco los autoproclamados asesinos de Gandhi. Era de esperar que esa Nochebuena apareciera quien se crea Santa Claus.
   Lo que sí asombró al personal del neuropsiquiátrico fue escuchar en los noticieros, en la mañana del 25, que esa noche ningún niño del planeta había recibido su regalo.
 
Giselle Aronson

 

Luns Decembro 20, 2021
Start: 20/12/2021 06:45
End: 20/12/2021 09:45

O luns 20/12 José Luis Sobrino informará o alumnado de 1º De Bacharelato sobre a Oficina Municipal de Información á Xucentude.

Start: 20/12/2021 09:00
End: 20/12/2021 12:00

Os grupos de 1º de ESO sairán do instituto e realizarán actividade deportiva na controna do Pasatempo.

Búscase iniciar o alumnado nas carreiras de orientación e ensinar a interpretar mapas, escalas, simboloxía, etc.

Martes Decembro 21, 2021
Start: 21/12/2021 08:15
End: 21/12/2021 12:15

Una visita al Muncyt con su restauradora

 

O martes 21 de decembro o alumnado de Tecnoloxía de 3º de ESO visitará en dúas quendas o Museo de Ciencia e Tecnoloxía, na Coruña.

Start: 21/12/2021 08:25
End: 21/12/2021 10:35

 

O alumnado das materias de Clásicas acudirá a unha obra teatro clásico na Sala Xulio Cuns de Betanzos, ás 11:00.

Start: 21/12/2021 12:15

Quedan suspendidas as dúas sesións da tarde do día 21/12, polo que as vacacións comezan o día 21/12.

Start: 21/12/2021 12:30

 


 

 

Mércores Decembro 22, 2021
Start: 22/12/2021 12:15

As vacacións de Nadal comezan o día 22 de decembro, mércores.

Voltaremos, con azos renovados, o luns día 10 de xaneiro.

Feliz ano 2022!

 

 

Start: 22/12/2021 13:27

 

CHEGOU AOS NOSOS OÍDOS...

 

   A nosa [ex]alumna, Alba Fernández-Barral, doutora en astropartículas e coordinadora de divulgación e educación do Cherenkov Telescope Array, falará este xoves 23 de decembro ás 19:30, sobre a Astronomía de raios gamma no Planetario da Casa de las Ciencias Casa das Ciencias da Coruña. 

   A conferencia está organizada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío.

Xoves Decembro 23, 2021

As vacacións de Nadal comezan o día 22 de decembro, mércores.

Voltaremos, con azos renovados, o luns día 10 de xaneiro.

Feliz ano 2022!

 

 

Venres Decembro 24, 2021

As vacacións de Nadal comezan o día 22 de decembro, mércores.

Voltaremos, con azos renovados, o luns día 10 de xaneiro.

Feliz ano 2022!

 

 

Sábado Decembro 25, 2021

As vacacións de Nadal comezan o día 22 de decembro, mércores.

Voltaremos, con azos renovados, o luns día 10 de xaneiro.

Feliz ano 2022!

 

 

Domingo Decembro 26, 2021

As vacacións de Nadal comezan o día 22 de decembro, mércores.

Voltaremos, con azos renovados, o luns día 10 de xaneiro.

Feliz ano 2022!

 

 

Luns Decembro 27, 2021

As vacacións de Nadal comezan o día 22 de decembro, mércores.

Voltaremos, con azos renovados, o luns día 10 de xaneiro.

Feliz ano 2022!

 

 

Martes Decembro 28, 2021

As vacacións de Nadal comezan o día 22 de decembro, mércores.

Voltaremos, con azos renovados, o luns día 10 de xaneiro.

Feliz ano 2022!

 

 

Mércores Decembro 29, 2021

As vacacións de Nadal comezan o día 22 de decembro, mércores.

Voltaremos, con azos renovados, o luns día 10 de xaneiro.

Feliz ano 2022!

 

 

Xoves Decembro 30, 2021

As vacacións de Nadal comezan o día 22 de decembro, mércores.

Voltaremos, con azos renovados, o luns día 10 de xaneiro.

Feliz ano 2022!

 

 

Distribuir contido