Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
« Week of Novembro 1, 2021 »
LunMarMérXovVenSábDom
1
Start: 31/10/2021 22:00
End: 01/11/2021 08:15

O primeiro de novembro non é día lectivo e ten carácter de día festivo en todo o territorio do Estado.

 

Start: 01/11/2021 14:42
6ª SEMANA 
 
[6ª SESIÓN]

 

 
Procurando unha visión nidia da realidade mediante a axuda do filtro da lectura. 
Doutro lado do prisma, as propostas desta semana: Ray Bradbury e Manuel Rivas.
2
3
Start: 03/11/2021 10:07

 

 

ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

   A publicación da Resolución do 20 de setembro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos [DOG do 29/09/2021], determina que neste mes de novembro serán convocadas eleccións para a renovación do Consello Escolar. 

    No IES Francisco Aguiar corresponde renovar, por fin da duración do nomeamento dos actuais representantes, as seguintes vacantes: 

  1. Cinco representantes do profesorado. 
  2. Unha alumna ou alumno.
  3. Un representante de nais, pais ou titores legais.
  4. Un representante do persoal de administración e servizos.
   Mañá xoves 4 de novembro, no salón de actos, ás 11:45 horas, terá lugar o sorteo público para a constitución da Xunta Electoral. 
   Á Xunta Electoral, constituída por un representante de cada un dos colectivos, e presidida polo Director do IES, compételle organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, aprobar os censos e o calendario electoral. 
   Ao devandito sorteo poderá asistir calquera persoa da comunidade educativa (tras expresar ese desexo vía correo electrónico ao centro), que se celebrará ante a presenza das seguintes persoas: o director, a secretaria do instituto (presidente e secretario do proceso), un membro do profesorado, e dous membros do alumnado. 
   Para determinar titular e suplente de cada un dos estamentos que conforman a comunidade educativa, será empregada unha aplicación informática que proxectará nos canóns do salón os números atribuídos a cada persoa. 
   Os membros así nomeados para a Xunta Electoral serán citados para determinar o calendario do procedemento nunha reunión que terá lugar no despacho de Dirección o venres 5 de novembro de 2021. 
 
Francisco Rodríguez Coloma 
Director do IES Francisco Aguiar
4
Start: 04/11/2021 15:46

 

 



 

ACTA DO SORTEO PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL

 

   Tal como establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril (DOG, 29/04/1988), redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG 09/09/1996), o xoves día 4 de novembro ás 11:45 horas, coa presenza de Rosalía Fraga Barral (en representación dos alumnos), Jessica Álvarez Caamaño (en representación do persoal de administración e servizos) e Jorge Blanco Aller (en representación do profesorado), celebrouse, mediante o emprego dunha aplicación informática, o sorteo público para constituír a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, co seguinte resultado: 

 

REPRESENTANTES DO ALUMNADO: 

 

Pablo Gilsanz Pérez [Titular], 

Daniel Sánchez Gómez [Suplente] 

 

REPRESENTANTES DE PAIS, NAIS OU TITORES LEGAIS: 

Xesús Fraga Sánchez [Titular], 

Francisco Manuel Barallobre García [Suplente] 

 

REPRESENTANTES DO PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVIZOS: 

José Luis Yáñez Villaverde [Titular], 

Manuela Lourido Formoso [Suplente] 

 

REPRESENTANTES DO PROFESORADO: 

Ana Vicos Lemos [Titular], 

José Manuel Montero Gómez [Suplente] 

  

   Á Xunta Electoral, constituída por un representante de cada un dos colectivos, e presidida polo Director do IES, compételle publicar os censos electorais e aprobar o calendario de datas para a elección de un representante do alumnado, tres representantes do profesorado, un representante de pais ou nais e un representante do persoal de administración e servizos, en todos os casos por fin da duración do nomeamento dos actuais representantes. 

Francisco Rodríguez Coloma 
Director do IES Francisco Aguiar

 

5
Start: 05/11/2021 15:31

 

 

ACTA DA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL DO 5 DE NOVEMBRO DE 2021 

 

   Ás 11:30 horas do 5 de novembro de 2021, reuniuse a Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar, coa seguinte orde do día: 

  1. Constitución da Xunta Electoral encargada de organizar e supervisar o procedemento de elección de membros do Consello Escolar do IES Francisco Aguiar. 
  2. Aprobación dos censos electorais. 
  3. Aprobación do calendario electoral. 
  4. Rogos e preguntas. 

   Unha vez constituida a Xunta Electoral, adóptanse os seguintes acordos:

  • Aprobar os censos electorais dos diferentes sectores. 
  • Aprobar o seguinte calendario electoral:

Prazo de presentación de candidaturas: Do 8 ao 15 de novembro, ambos incluidos. [Nesta entrada están os modelos para a presentación das candidaturas ben na secretaría do IES ou ben vía correo electrónico solictando rexistro de entrada]

Proclamación provisional de candidaturas: 16 de novembro.
Prazo de reclamacións: 17 - 18 de novembro.
Proclamación definitiva de candidaturas: 19 de novembro 
Votación alumnado: 23 de novembro 
Votación profesorado: 23 de novembro [apertura de mesa:10:20 / peche da mesa: 11:30]
Votación pais/nais: 23 de novembro [de 16:30 ás 18:30]
Votación do PAS: 23 de novembro de 16:30 ás 18:30 
Proclamación de candidatos electos: 29 de novemembro
 
 
Pablo Gilsanz Pérez [representante do alumnado]
José Luis Yáñez Villaverde [representante do PAS]
 
Xosé Manuel Montero Gómez [representante do profesorado]
 
Xesús Fraga Sánchez [representante de nais, pais, titopres legais]
 
Francisco Rodríguez Coloma [Director do IES Francisco Aguiar]
 
 
En Betanzos a 05 de novembro de 2021
6
7
Start: 07/11/2021 13:06

 

 

 

7ª SEMANA 
 
[1ª SESIÓN]
 

   Coinciden as propostas desta semana en relatar ben desde o mito, ben desde a lenda (que tamén pode ser moderna: lenda urbá). 

   O lector poderá determinar o vínculo entre esas posibilidades e discernir cal é a modalidade que practica Albert Pinyol e cal a exercitada por Jürg Schubiger e Franz Hohler.

Distribuir contido