Eventos
Xov | ||
---|---|---|
Entre os días 5 e 29 de outubro o edificio Liceo de Betanzos acollerá unha exposición coas fotografías realizadas polo alumnado de 3º de ESO no curso 2020/21. Animamos a toda a comunidade educativa a visitar a exposición e admirar as fotos realizadas polo alumnado.
Start: 28/10/2021 10:00
Sabela Caamaño amosou a súa excelencia académica, de modo constante, nas aulas do Aguiar, que deixou no 2008. Xa cursando ESO soubemos dos seus moitos éxitos musicais obtidos en distintos concursos internacionais. Titulada superior en Acordeón, Pedagoxía da Linguaxe Musical e Piano, é profesora no Conservatorio Profesional de Música da Coruña. Hoxe recibe os nosos parabéns (xunto a súa compañeira no dúo, Antía) por ter obtido cun dos seus grupos musicais, Caamaño e Ameixeiras, o Premio Martín Códax na categoría de Folk. |