Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Outubro 12, 2020
Start: 12/10/2020 20:04

 

 

1ª Semana

[1ª Sesión]

 

Como ven sendo costume desde fai tantos anos xa, retornamos a ler, adicando os quince primeiros minutos da primeira sesión. Cada lectora ou lector pode traer da súa casa un libro, unha revista ou novela gráfica...

Para os que esquecezan traerlos (ou para os que acepten o reto) quedan dúas suxestións de lectura: unha selección de poemas de Wislawa Szymborska e outra pequena antoloxía de Louise Glück, as dúas últimas poetas merecedoras do Premio Nobel de Literatura (Symborska en 1996, Glück no 2020): poesía transparente para tempos de pandemia e mascarillas.

 

Ilustración: Fernando Vicente

Martes Outubro 13, 2020
Start: 13/10/2020 21:45
 
 

 

 

Na páxina web do IES levan tempo colgados o Plan de Adaptación á situación COVID-19 e o Plan de Continxencia, pero que ben explican as rapazas e rapaces de 1º de ESO as rutinas que permiten convivir nun instituto máis seguro.
 
Parabéns ao traballo da rapazada e da súa profesora Belén Iglesias!
 
Xoves Outubro 15, 2020
Start: 15/10/2020 14:41

Que Pablo Ferrer (de quen xa coñecíamos a súa creatividade como microrrelatista «cachorro de ornitorrinco) escribe e interpreta cancións esdrúxulas como esta Némesis.

Sábado Outubro 17, 2020
Start: 17/10/2020 18:08

 


 

 

HORA DE LER

2ª SEMANA [2ª SESIÓN]

 

Cavilando, pode ser, sobre as mesmas sensacións que a lectora pintada por Shelley Thayer Layton, repensamos esas palabras lidas nos textos de Almudena Grandes ou Miguel-Anxo Murado, para volver aos misterios que tornan en algo tan real toda ficción.

 

Mércores Outubro 21, 2020
Start: 21/10/2020 16:00

 

O Equipo da Biblioteca Sebastián Buedo Jiménez organiza un concurso de relatos e, por iso, que ben encaixan os microrrelatos: son tantos os expertos e as expertas que dominan as estratexias narrativas da condensación!
 
Unha antoloxía dos mellores textos constituirá a proposta de lectura na primeira semana de novembro.
 
Probablemente, haberá outros agasallos, entre os que non poderán faltar os caramelos.
 
***
 
Recepción dos traballos:
 
a) bibliofranciscoaguiar@gmail.com [Asunto: Concurso de relatos de terror] Doc anexo.
 
b) profesorado de Lingua galega e Lingua castelá.
Sábado Outubro 24, 2020
Start: 24/10/2020 11:29

 


 

 

 

#DíaDasBibliotecas #SempreAoTeuCarón 
 

 

    Unha biblioteca é un mapa do mundo onde cada individuo ten unha camisa mnemónica, chea de sutís trazos, códigos indescifrables, segredos para lubricar a alma, tónicos para a intelixencia e máquinas da mente con que nutrir a vesania. 
   Unha biblioteca é unha paisaxe, chea de harmonía, onde, en ocasións, as nubes non deixan ver o ceo, e unha floresta verde e luxuriante, inzada de perigos, que pon asombro e medo, o pánico estarrecedor e a atracción morbosa que infunde o caos.
   Unha biblioteca tamén é unha xerarquía, onde ningún individuo ten o mesmo valor, nin o mesmo peso, nin inspira o mesmo afecto ca outro. 
   Nunha biblioteca, o poeta, inspiradísimo, conversaba cos difuntos e escoitaba cos ollos os mortos, pois, ante todo, unha biblioteca é un sanctasanctórum onde toda metáfora ten asento, toda reverencia espazo, ocasión todo coñecemento, toda luz e toda sombra o seu momento. Hai, entre as pantasmas e saudades do tempo, deambulando entre vellos mamotretos e volumes estantarelados, un cativo de pelo roxo que lembra, cunha melancolía espesa como o mel de montaña, o arrecendo dunha biblioteca pública onde vivían Haddock e Tintín, Marsupilami, Jean Valjean, o último dos mohicanos, Asurancetúrix e a galaxia infinita da Enciclopedia Espasa. Acaso o cativo coceu o seu amor aos libros ao lume de merendas de pan de molete e chocolate duro, no mundo en branco e negro dun universo escaso e municipal, malia unidades de destino chamadas a máis grandes alcances.
   Unha biblioteca é, segundo se escoite, un coro de afinadas voces, nobres e sublimes, erguidas ao ceo como columnas de basalto, ou o pandemonio de milleiros de alaridos desgarrados, as voces do averno e do sufrimento. 
   Latexa nunha biblioteca o consello dos amigos, verdadeiros uns, prudentes e asisados, falsos e mentireiros outros, dobres como un espellismo. 
   Unha biblioteca vive espiritualmente, palpita e medra na medida do amor de quen a alimenta, como as plantas en maceta. Non existe armadura electrónica nin bastidor tecnolóxico capaces de conter tanta vida nin de alentar tanto sentimento, pois, tal que ocorre con todo o que é único, fermoso e imperfecto, unha biblioteca está chamada a desaparecer. Como os escravos no mundo antigo, tamén as bibliotecas se herdan e, tamén como os escravos, os seus individuos agardan unha manumisión que tal vez nunca chegue.
 
Start: 24/10/2020 20:00

 

 

HORA DE LER

 

3ª SEMANA [3ª SESIÓN]

 

O pasado sábado 24 de outubro celebramos o Día da Biblioteca.

Hoxe, tendo entre as mans os relatos deAna María Matute ou Stephen Dixon, podemos ter presentes as palabras da literata arxentina Jeannette L. Clariond: «Somos cando comezamos a leer. Existimos cando aprendemos a lernos». 

 

Lendo somos libres, somos libro.

Mércores Outubro 28, 2020
Start: 28/10/2020 09:45

Archivo:Ricardo Carballo Calero na súa xuventude.jpg - Wikipedia, la  enciclopedia libre

Obradoiro que quere dar a coñecer ao alumnado de 1º de BAC D e E a figura homenaxeada no Día das Letras Galega 2019.

Xoves Outubro 29, 2020
Start: 28/10/2020 09:45
End: 29/10/2020 09:35

Archivo:Ricardo Carballo Calero na súa xuventude.jpg - Wikipedia, la  enciclopedia libre

Obradoiro que quere dar a coñecer ao alumnado de 1º de BAC D e E a figura homenaxeada no Día das Letras Galega 2019.

Domingo Novembro 01, 2020
Start: 01/11/2020 22:00

 

 

O 2 de novembro non haberá clases.

O vindeiro luns é un deses dous días non lectivos (este ano, o outro é o 14 de maio)

escollidos polo centro no inicio de cada curso.

Luns Novembro 02, 2020
Start: 01/11/2020 22:00
End: 02/11/2020 21:59

 

 

O 2 de novembro non haberá clases.

O vindeiro luns é un deses dous días non lectivos (este ano, o outro é o 14 de maio)

escollidos polo centro no inicio de cada curso.

Start: 02/11/2020 15:51

 

 

 

 

HORA DE LER

4ª SEMANA [4ª SESIÓN]

 

Compartimos esta semana as seguintes suxestións de lectura: as historias da muller esquelete e a morte amante o Xinete Descabezado e unha selección de micros de terror.

Momentos de intramundos!

Domingo Novembro 08, 2020
Start: 08/11/2020 16:41

 

 

 

 5ª Semana [5ª sesión]

Ler para escribir.  Escribir para volver a ler.

Esta semana deixamos nas mans dos lectores os relatos de Irène Némirovsky e Mariña Garcia Iglesias, Hugo Vicente Cabanas e Paula Fernández Vidal, alumnos de 1º de Bacharelato.

Luns Novembro 09, 2020
Start: 09/11/2020 19:02

O visionado deste vídeo divulgativo de Marisa Garcia Alonso [Estudios Analíticos Aplicados A La Clínica] debería axudar a concienciar sobre o bo uso e coidado dos distintos tipos de mascarillas, que deben ser algo máis que un pano para cubrir a cara e, de ningunha maneira, unha fonte de infeccións.

 

Equipo Covid

 

 

 

Distribuir contido