Curso 2021/22

Táboa de ponderacións (curso 2021/22)

Están publicados na web da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e de materias de opción da proba de avaliación de bacharelato (ABAU) para o acceso ás ensinanzas universitarias odiciais de grado do Sistema Universitario de Galicia. 

Rutas literarias polo Museo Provincial de Lugo

Os membros do Club de Lectura do IES do Camiño fixemos unhas rutas literarias polo Museo Provincial de Lugo logo de realizar a lectura de Contos de fantasmas no museo de VV. AA. 

 

Programa A Ponte entre o ensino medio e a USC

No día de hoxe contamos coa presenza da profesora Dr. Mercedes Novo Rodríguez da facultade de Ciencias e Coordinadora do programa A Ponte no Campus de Lugo, sendo a encarga de impartir a charla informativa da USC e sobre as ABAU ao alumnado de 2º de BAC. 

 

Convocatoria 2022. Probas de acceso a ciclos formativos

Publícase a orde que regula as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, para o ano 2022.

PROBAS DE ACCESO AOS CF DE GRADO MEDIO

Volven os Correspondentes Xuvenís

Despois do parón polas vacacións do Nadal, os correspondentes xuvenís xa están de volta para traervos a información máis relevante e actual, así podedes acceder á mesma a través do taboleiro de novas do primeiro andar do instituto, do Instagram do centro e cada xoves de 11:00 a 11:30 no seu programa radiofónico en Radio Palas.

Lectura no Nadal

Dende a Biblioteca vimos de renovar a sección de Recomendados, onde vos deixamos algúns exemplares ben bonitiños. De entre eles debemos destacar algunhas das obras de Darío Xohán Cabana, que se converteu na estrela da nosa árbore de Nadal por ter falecido recentemente e como pequena homenaxe dende o noso recuncho lector. Tampouco podía faltar Almudena Grandes, cuxa historia de amor con Luis García Montero ben merecen o artigo "El amor existe" que tamén vos recomendamos.

Certame de fotografía As cores do outono 2021

O certame As cores do outono 2021 ten por obxectivo plasmar o outono do noso contorno en tódalas súas vertentes, sen límite á creatividade artística. 

Nesta edición os premiados e premiadas no noso certame fotográfico son: 

Proxecto de lectura

En 2° de ESO na materia de Lingua Castelá e Literatura este primeiro trimestre lemos as Lágrimas de Shiva de César Mallorquí e para evaluala súa lectura propuxémoslles ás alumnas e alumnos a elaboración dun proxecto inspirado na idea de @muyprofe.

 

Club de lectura_ Telegram

Deixámosvos o enlace para acceder ó grupo de Telegram que creamos para o noso Club de Lectura. 

Día Internacional da Diversidade Funcional

O 3 de decembro conmemórase o día internacional das persoas con diversidade funcional, que ten como obxecto promover os seus dereitos e o seu benestar en tódolos ámbitos da sociedade, así como poñer o énfase na concienciación sobre a súa situación en todos os aspectos da

Distribuir contido