Escolares

Contacontos do alumnado de Oratoria

O día 19 de decembro o alumnado de Oratoria acudiu á Escola Infantil de Palas de Rei a facer un contacontos, como parte do proxecto do primeiro trimestre nesta materia. As mestras, as nenas e os nenos acolléronnos moi ben e ben seguro que repetiremos a experiencia.

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Contacontos do alumnado de Oratoria

Semana de cine en galego no IES do camiño

Nestes últimos días antes das vacacións do Nadal, o alumnado do centro puido ver cine de calidade na Semana do Cine en Galego 2023 do IES do Camiño. 

Así, o luns 18, os alumnos e alumnas de 1º e 2º da ESO viron Pinocho, unha versión animada do conto clásico, dirixida por Guillermo del Toro.

O martes 19, o alumnado de 1º e 2º de Bacharelato asistiu á proxección da premiada As bestas, de Rodrigo Sorogoyen.

E o mércores 20, os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO puideron gozar de Pradolongo, de Ignacio Vilar.

Unha vez máis, o alumnado valorou moi positivamente este ameno xeito de adquirir aprendizaxes múltiples, ao tempo que abren as mentes a realidades diferentes ás propias

Álbum: Curso académico 2023/24 -> Semana do cine en galego
Distribuir contido