25N- Día Internacional contra a violencia de xénero

O mundo que toca vivir en moitos dos seus redutos garda a memoria da desigualdade entre homes e mulleres, mais tamén tomou formas e palabras novas, ou as de sempre con envoltura actualizada ao medio en que nos desenvolvemos. Na familia e na sociedade, que supón nacer muller? Saltan á vista certezas que trazan a visibilidade de aspectos e valores persoais e sociais comúns ao que hai pouco tocou vivir e como se manteñen no tempo ou como a concienciación as puido ou non modificar, por veces latentes con formas e palabras novas, por exemplo: a diferenza de trato segundo o sexo, a decencia, a autoridade prestada a quen fala, o vocabulario empregado para referirse a unha muller ou a un home en igual status, a desconsideración física e verbal, a pretensión de dominio e control... Por aquí comeza unha escaleira con intención suíña, chanzo a chanzo sóbese, chantaxe, culpabilidade, humillacións, intimidación, agresións sexuais, ameazas...; o final, se realmente o ten, é arrepiante, a violencia goberna, a agresión con forza vólvese cotiá, tamén a psicolóxica, illamento, a destrución da persoa.

 

No IES do Camiño concienciamos e traballamos a igualdade e a autoestima día a día. Trátase de abrir canles de esperanza por un trato xusto e respecto persoal mutuo, que non falten o aprecio e a gratitude; búscase a crítica interior e cos demais de quen ve e escoita e indicar certeiramente o camiño cara a superación de semellante tara, xuntos mulleres e homes.

 

  • Escaleira da Violencia
escaleira

 

  • Como recoñecer situacións de violencia de xénero?

 

Identificar

 

  • Actuacións para evitar chegar a situacións de violencia de xénero

 

Actuacións