Correspondentes Xuvenís_ agasallos

Este xoves fíxemos entrega aos nosos e nosas Correspondentes Xuvenís dos agasallos que nos chegaron dende Xuventude polo seu traballo e compromiso en  dar difusión ás informacións que dende este organismo nos chegan.

 

Elas e eles fan un gran traballo, xa que semana tras semana, no seu tempo de lecer van á radio para informar aos veciños e veciñas de Palas de Rei daquelas informacións, novas....  que consideran que poden ser de interese para todas e todos.

 

Adquiren, deste xeito, un compromiso importante e entenden que estar informadas e informados é algo esencial e fundamental na nosa sociedade para poder participar nela de xeito activo e proactivo.

 

Así mesmo empregan a canle de Instagram do centro para intentar chegar a máis xente. Non te podes perder o seu labor divulgativo.

 

Grazas polo voso compromiso e traballo! 

 


Podes ver os agasallos pinchando no seguinte enlace que te leva a galeria de imaxes do centro.