Participación no programa ARCO

Este curso académico 2020/21, o IES do Camiño, participou en réxime de concorrencia competitiva, a través do departamento de orientación, na solicitude do Programa Arco  (apoio, reforzo de competencias e orientación) co obxecto de favorecer a participación do alumnado no grupo-clase e a consecución do seu máximo desenvolvemento emocional, intelectual, social e profesional de todo o alumnado,  para elo solicitáronse as dúas liñas ás que optan os IES: 

  • LÍNEA 2, dirixida ao alumnado de 1º ESO.
  • LÍNEA 3, dirixida ao alumnado de 4º ESO.

As cales foron concedidas e xa temos profesorado asignado, así que a semana próxima poderemos empezar a desenvolver este programa dentro do horario lectivo.