Skip to Content

Actividades

Alumnado do Ciclo Básico de Soldadura e Caldeiraría visita a empresa LEMA

Alumnado do CB Soldadura e Caldeiraría na visita á empresa LEMA

O alumnado do 1º e 2º curso do Ciclo Básico de Soldadura e Caldeirería visitou o luns 15 de abril as instalacións da empresa LEMA, empresa dedicada entre outras facetas ao suministro de accesorios e fabricación de solucións para carpientería de aluminio. Na visita, guiada por persoal da empresa, o alumnado coñeceu as instalacións, os procesos de produción, a maquinaria e o produto acabado. O alumnado foi acompañado polos profesores David Bautista, Daniel Taboada e Luciano Rodríguez. A actividade foi organizada polo departamento de Fabricación Mecánica.

Alumnado do CB Soldadura e Caldeiraría na empresa LEMA

Alumnado de Ciclos de FM e de Física de 2º Bacharelato asisten a un obradoiro demostración por persoal da empresa BINARIAL

Alumnado de Fisica de 2º Bacharelato no obradoiro da empresa BINARIAL

O luns 4 de marzo, na Biblioteca, o alumnado de 2º curso do Ciclo Básico, do Ciclo Medio e de DUAL de Fabricación Mecánica xunto co alumnado de Física de 2º Bacharelato participou nun obradoiro demostración sobre Mecatrónica,a cargo de persoal da empresa innovadora de base tecnolóxica galega: BINARIAL. O alumnado puido coñecer máis sobre o deseño e fabricación de produtos ou sistemas intelixentes, facendo uso das diferentes ferramentas mecánicas, electrónicas ou informáticas. A actividade foi organizada polo departamento de Fabricación Mecánica.

Alumnado dos 2º curso Medio e Superior asisitiron a un curso impartido pola empresa Carburos Metálicos

Alumnado de 2º Ciclo Medio de SOCA e 2º Ciclo Superios COME asisitiron no curso impartido pola empresa Carburos Metálicos

O martes 20 a empresa Carburos Metálicos en colaboración son Soher S.L. desenvolveu un curso de 3 horas de “Procesos de soldeo baixo gases de protección en MIG/MAG e TIG” nas nosas instalacións. Neste curso práctico utilizáronse gases especiais para estes procesos en aceiro o carbono, aluminio e inoxidable.
O curso foi impartido polo técnico de Carburos Metálicos, Sergio Iglesias. Primeiro cunha introdución teórica e despois con aplicacións prácticas no taller soldando con diferentes procesos e gases. Ao curso asistiron os alumnos de 2ºCM de Soldadura e Caldeirería e 2º CS de Construcións Metálicas que realizaron soldaduras nos diferentes procesos.

Alumnado de 2º Ciclo Medio de SOCA e 2º Ciclo Superios COME asisitiron no curso impartido pola empresa Carburos Metálicos

Alumnado de 2º Ciclo Medio de SOCA e 2º CicloCurso impartido pola empresa Carburos Metálicos

Alumnado do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería visita a empresa Gama e Hijos

Alumnado do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería visita a empresa Gama e Hijos

O alumnado do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería fixo o xoves 23 unha visita a Gama e Hijos, empresa dedicada ao deseño, produción e montaxe de estruturas metálicas e caldeiraría, e tamén reparación e mantemento de instalacións mecánicas industriais.
Na visita o alumnado viu os procesos de produción, a maquinaria e o produto acabado.
Gama e Hijos é unha empresa que colabora estreitamente co noso centro dende a implantación dos ciclos formativos. Moitos alumnos de FP Básica, Ciclo Medio e do Ciclo Superior de Fabricación Mecánica fixeron prácticas na súa empresa.
O alumnado foi acompañado polos profesores Luciano Rodríguez e Jose Luis García.

Alumnado do Ciclo Medio de Soldadura e Caldeirería visita a empresa Gama e Hijos

Alumnado de Ciclos e de Grao Básico no GaliciaSkills 2023

Alumnado de Ciclos e Grao Básico no GaliciaSkills 2023

Alumnado do Grao Básico de Agroxardinaría en GaliciaSkills 2023, Silleda

O alumnado do Grao Básico de 2º Fabricación e Montaxe e de 1º e 2º Agroxardinaría xunto co de 1º Ciclo Medio de SOCA e o de 2º Ciclo Superio de COME realizou unha visita, o xoves 26 de outubro, ao recinto Feira Internacional Abanca de Silleda para coñecer as actividades do GaliciaSkills 2023. Este campionato galego da formación profesional ofrece unha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional. Nesta edición compiten case 200 estudantes de 84 centros en 24 especialidades. Foron acompañados polo profesorado Bibiana Bértoa, Luciano Rodríguez, Daniel Seoane, Iria Villar e Xabier Loureiro.

Alumnado de Ciclos e Grao Básico no GaliciaSkills 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut