Skip to Content

Actividades

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato asiste á representación teatral de "La Casa de Bernarda Alba" e visita o CGAC

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato na obra "La Casa de Bernarda Alba", Santiago

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato realizou unha saída didáctica a Santiago de Compostela na mañá do martes 9 de abril. Nesta actividade asistiron á representación teatral de “La casa de Bernarda Alba” de Federico García Lorca, representada por  TransEduca espectáculos para centros educativos no auditorio do Colexio La Salle. Completaron a saída coa visita guiada ao Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), onde puideron ollar a exposición "Lamazares. Inda é día", que lles permitiu coñecer a produción artística do pintor lalinense Antón Lamazares. Foron acompañados polo profesorado Hilda Gulias, Paula Rey, Iris Cochón e Modesto Fontán. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua e Literatura Castelá.

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato no CGAC, Santiago de Compostela

Antía Yañez presentou o libro "Be water" co alumnado de Oratoria de 1º ESO

Antía Yañez co alumnado de Oratoria 1º ESO

O alumnado de Oratoria de 1º ESO asistiu, na tarde do luns 13 de decembro, á presentación do libro "Be water" de Antía Yañez. A escritora estivo na Biblioteca do noso centro para conversar co alumnado sobre o seu novo libro, finalista do I Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil e publicado pola editorial Cuarto de Inverno; nel reflexiona sobre a auga como un ben preciado ademais de pensar na necesidade do ecoloxismo e das relacións interpersoais. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua Castelá.

Premiados no concurso literario "Rompe el silencio"

E tamén dentro das actividades da conmemoración do 25 de Novembro, o departamento de Lingua Castelá e Literatura entregou os premios do concurso literario contra a violencia machista, "Rompe el silencio".

Os premidos foron:

-  na categoría de FP Básica, 1º e 2º ESO: Carla Herrero de 2º ESO co 1º premio e Ana Castroagudín, de 1º ESO, co 2º premio

Carla Herrero premiada no concurso "Rompe el silencio"         Ana Castroagudín premiada no concurso "Rompe el silencio"

 

- na categoría de de FP Ciclo Medio, 3º e 4º ESO: Ximena Guerra de 3º ESO co 1º premio e Laura Calvo, de 3º ESO, co 2º premio

Ximena uerra e Laura Calvo  premiadas no concurso "Rompe el silencio"

- na categoría de FP Ciclo Superior, 1º e 2º Bacharelato: Alfonso Álvarez de 2º Bacharelato co 1º premio e Andrea Torres, tamén de 2º Bacharelato, co 2º premio 

Alfonso Álvarez premiado no concurso "Rompe el silencio"

 Andrea Torres premiada no concurso "Rompe el silencio"

Concurso para conmemorar o Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero

O vindeiro 25 de novembro é o  "Día Internacional pola eliminación da violencia de xénero" e o departamento de Lingua Castelá e Literatura convoca un CONCURSO LITERARIO CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA: "Rompe el silencio", dirixido a todo o alumnado do noso centro (ESO,Bacharelato e FP), coa finalidade de crear conciencia en valores de igualdade e contra a violencia. Na imaxe que acompaña esta nova ou no ficheiro anexado podes consultar as bases e premios deste concurso.

Concurso celebracion 25 novembro 2020

Alumnado de 2º ESO asiste á representación da obra "Lazarillo de Tormes"

Alumnado 2º ESO en Santiago

O mércores 12 de febreiro, o alumnado de 2º ESO asistiu á representación da obra de teatro "Lazarillo de Tormes". Alumnos e alumnas puideron ollar esta adaptación teatral da novela picaresca por execelencia, a da vida de Lazarillo de Tormes e das súas fortunas e adversidades, organizada por Transeduca. Esta función tivo lugar no auditorio do Colexio La Salle de Santiago de Compostela. Foron acompañados polo profesorado Carmen Pedreira, Hilda Gulías, Silvia Fernández e Modesto Fontán. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua e Literatura Castelá.

Alumnado de 2º ESO en Santiago

Distribuir contido


by Dr. Radut