Skip to Content

Actividades

Alumnado de 2º ESO asiste á representación da obra "Lazarillo de Tormes"

Alumnado 2º ESO en Santiago

O mércores 12 de febreiro, o alumnado de 2º ESO asistiu á representación da obra de teatro "Lazarillo de Tormes". Alumnos e alumnas puideron ollar esta adaptación teatral da novela picaresca por execelencia, a da vida de Lazarillo de Tormes e das súas fortunas e adversidades, organizada por Transeduca. Esta función tivo lugar no auditorio do Colexio La Salle de Santiago de Compostela. Foron acompañados polo profesorado Carmen Pedreira, Hilda Gulías, Silvia Fernández e Modesto Fontán. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua e Literatura Castelá.

Alumnado de 2º ESO en Santiago

Alumnado de 3º ESO asiste á representación de Fuenteovejuna

Alumnado de 3º ESO no Auditorio de Vilagarcía

O alumnado de 3º ESO asistiu na mañá do martes 12 de novembro á representación da obra "Fuenteovejuna" de Lope de Vega, autor desta obra de teatro do século de ouro español. A actividade realizouse no Auditorio Municipal de Vilagarcía de Arousa. Foron acompañados polas profesoras Teresa Rivera, Carmen Pedreira, Hilda Gulías e María Lorenzo. A actividade foi organizada polo departamento de Lingua Castelá e Literatura.

Alumnado de 3º ESO no Auditorio de Vilagarcía

Alumnado de 4º ESO asiste á obra de teatro "La casa de Bernarda Alba" en Vilagarcía

la casa de Bernarda Alba  O pasado 30 de xaneiro, o alumnado de 4º ESO tiveron a oportunidade de ver unha adaptación desta obra de Lorca no auditorio de Vilagarcía, actividade organizada polo Departamento de Lengua castellana y Literatura. A traxedia, escrita en 1936,  permitiu ao alumnado ver e respirar o ambiente opresivo dunha sociedade intolerante que obrigaba á muller a sufrir un loito cruel e atenazante e a reprimir os seus desexos máis humanos. O amor  frustrado, a envexa, a loita pola liberdade e a morte mestúranse neste drama de mulleres nos pobos de España, como a subtitulou o seu autor. A linguaxe poética acentúa a expresividade do texto e eleva a simbólicos varios elementos da escenografía ou do atrezzo: a vara de mando de Bernarda, o abano de cor da filla rebelde…
Ao rematar a representación, o alumnado puideron establecer un coloquio coas actrices, quen suliñaron a triste actualidade que conserva a obra en canto a temas como o clasismo, o machismo, a ocultación das pasións ou a importancia das apariencias.

 
   

Alumnado de 2º ESO visita a Casa da Troia e asiste a unha obra de teatro en Santiago

Alumnado de 2º ESO en Santiago O xoves, 22 de marzo, o alumnado de 2º de ESO visitou a Casa da Troia en Santiago, que acaba de reabrirse ao público, onde puideron visitar unha casa do século XIX do casco vello da capital compostelá e comprobar o éxito da novela de Pérez Lugín baseada nas experiencias dos estudantes universitarios daquel momento. Tamén foron ao teatro para ver unha versión da obra de Jonathan Swift, "Los viajes de Gulliver", adaptada como musical. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua e Literatura Castelá.  
   

Encontro do alumnado de 1º ESO coa escritora Alicia Borrás

Alumnado de 1º ESO coa escritora Alicia Borrás Alumnado de 1º ESO coa escritora Alicia Borrás O 22 de febreiro, a escritora Alicia Borrás mantivo co alumnado de 1º ESO unha charla-coloquio arredor da súa obra "Nata y chocolate" e outros temas derivados do seu contido: o acoso, a adopción, a amizade...

Distribuir contido


by Dr. Radut