Skip to Content

Animación á lectura

A Biblioteca invita a ler no verán

Ler no verán

O equipo da Biblioteca invita a toda a Comunidade Educativa a levar en préstamo ata tres libros para ler no verán. Antes terán que ser devoltos os libros prestados durante o curso. Os préstamos serán nos recreos ata o 22 de xuño, data de finalización do curso actual.

Día das escritoras no IES Valga

diadasescritoras2020

O día das Escritoras é o luns máis cercano á festividade de Teresa de Jesús, o 15 de outubro. A V Edición celébrase este ano 2020  o 19 de  outubro baixo o lema "O esforzo cotián das mulleres". "Ben se podería  dicir que a literatura escrita por mulleres está a miúdo esporeada por  unha conciencia esencial do esforzo." , explica Elvira Lindo,  comisaria desta V Edición do Día das Escritoras 2020.

Tócanos facer as cousas ás agachadas, que non se note que estamos, 

porque somos invisbles como o ar. O que non saben, ou non pensan, é 

que o ar se coa en todos os recantos precisamente poque non se ve. Así 

facemos nosoutras."

Eva Mejuto "Memoria do silencio" (Editorial Xerais)

Desde a biblioteca propomos que se fomente a obra das escritoras en  lingua galega e lingua castelá coa lectura de algúns dos fragmentos  recollidos nos dous documentos anexados é que visbilizaremos a través  desta páxina e nas redes sociais. #bescolaresgal #bescolaresgalabertas  #DíaDasEscritoras

Exposición de novela gráfica na Biblioteca do IES Valga

Exposición de novela gráfica xaneiro 2018  Exposición de novela gráfica xaneiro 2018 Dentro das actividades de fomento da lectura que levan a cabo os responsables da Bibilioteca do noso centro, pódese ver unha exposición sobre novela gráfica. Libros para ollar e tamén para levar e ler.

Ler é divertido! As bibliotecas de aula de 1º e 2º ESO


Un ano máis, os alumnos/as de cada clase de 1º ESO e 2º ESO montaron e decoraron as súas propias bibliotecas de aula, dentro da campaña do equipo da biblioteca do IES Valga de animación á lectura, en coordinación cos titores e titoras destes cursos. Aquí hai fotos dalgunhas delas.



Distribuir contido


by Dr. Radut