Skip to Content

O IES Plurilingüe de Valga obtén trinta e nove mil euros para realizar dous proxectos de innovación

A dirección xeral de Formación Profesional publicou hoxe a resolución de concesión de premios para o desenvolvemento de proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica no ámbito dos ciclos formativos. Nesta lista destacan as dúas propostas presentadas polo instituto valgués, “Agricultura de precisión en cultivos galegos KM0” e “Ergoprotect”, que obteñen vinte e un e dezaoito mil euros respectivamente.

Agricultura de precisión KM0

 “Agricultura de precisión en cultivos galegos KM0”é un proxecto que pretende pór en valor a agricultura de proximidade. Trátase dun robot para o control de crecemento e tratamento de cultivos, cuxa estrutura se corresponde á dun robot de coordenadas cartesianas. Esta proposta combina robótica, visión artificial e IoT. O obxectivo do aparello é manter o cultivo en perfecto estado, avisar e actuar en caso de doenzas na planta, rexistro de crecemento e detectar o momento axeitado para a recollida dos froitos/as. Ademais, o sistema é capaz de detectar a necesidade de auga mediante sensores IoT despregados no espazo onde se ubique a produción, satisfacendo a necesidade de maneira autónoma.

Esta tecnoloxía podería ser de interese, por exemplo, para cultivos de gran relevancia na zona, como o pemento de Herbón, pois permitiría alcanzar uns resultados máis competitivos no mercado. As empresas colaboradoras sonGerca, acero y Metal (Vimianzo), O Forno Garden (Valga), Almacenes AgroUlla (Valga) eMeifus Industrial (Mos).

Ergoprotect

No mundo industrial, o persoal traballador en planta encóntrase exposto a ambientes de traballo que poden afectar seriamente a súa saúde, ben sexa por ergonomía, por seguridade ou por hixiene laboral. Desta situación nace este proxecto, consistente nun equipo de prevención individual, ata agora inexistente no mercado, que se compón dun exoesqueleto e dun casco conectado a un reloxo intelixente que servirá para o control e a monitorización da actividade do usuario e das características prexudiciais do entorno (posición corporal da persoa, ruído, temperatura, humidade, gases...). Emprégase, por tanto, tecnoloxía sen fíos (LoraWAN) ao menor custe.

Mediante unha central de monitorización xeraranse as alertas para notificar o traballador/a a través do reloxo algunha incidencia, ben sexa corporal/física ou ambiental. Toda a información obtida rexístrase e visualízase nun dashboard de control de planta deseñado dentro deste proxecto.

As empresas colaboradoras son Suministros Industriales del Noroeste, Sutenor (Arteixo),Mar Technologies 5.0, SL (Mos) e MakerStorebyAllNet (A Coruña).

Novos ciclos: Xardinaría, Mantemento e Mecatrónica

O IES Plurilingüe de Valga oferta actualmente os ciclos básicos de Fabricación e montaxe e de Agroxardinaría e composicións florais, o medio de Soldadura e caldeiraría e o superior de Construcións metálicas. A isto, vanse sumar no próximo curso, en modalidade dual, os ciclos medios de Mantemento electromecánico e de Xardinaría e floraría, así como o ciclo superior de Mecatrónica industrial.

Lembremos que a modalidade dual ten como principal característica que a formación recíbese tanto no centro como na empresa, e que o alumno recibe unha remuneración económica por esta.

Calendario escolar 2023-2024 EDLG IES Plurilingüe de Valga

Calendario escolar IES Plurilingüe de Valga 2023/24

COBERTURA DOS EQUIPOS E-DIXGAL

logo Edixgal Anéxase un documento con información a respecto das coberturas do  equipamento do alumnado que pertence ao Proxecto E-Dixgal, así como as  características do servizo integral de reparación.

Libros de texto 2023-2024

Pode acceder á listaxe actualizada de libros de texto do IES Plurilingüe de Valga para o curso 2023-2024 premendo na imaxe ou abrindo o ficheiro adxunto.

Distribuir contido


by Dr. Radut