Skip to Content

Igualdade

Contidos sobre Igualdade

8 de marzo: Día Internacional da Muller

8 de marzo  8 de marzo día Internacional da Muller

  8 de marzo: día Interncional da Muller                                                                                                                                                                          

Concurso Cartel Día Internacional da Muller

Convocatoria do III Concurso de carteis do 8 de marzo de 2020, Día Internacional da Muller

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que oferte ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:
· 1a Categoría.- Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.
· 2a Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).
· 3a Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

O prazo de presentación conclúe o 20 de febreiro de 2020. Non serán admitidos os traballos que sexan recibidos con posterioridade a esa data. As obras remitiranse por correo ordinario en sobre pechado ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral da Igualdade, Edificio administrativo San Lázaro s/n 15781- Santiago de Compostela, facendo constar nel “III Concurso de carteis 8 marzo”
As bases do concurso pódense consulta no seguinte enlace:

https://igualdade.xunta.gal/gl/actualidade/convocatoria-do-iii-concurso-de-carteis-do-8-de-marzo-de-2020-dia-internacional-da

Para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos: Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade): 981 545 360- 981545312.

Alumnado de 2º Bacharelato asiste a unha charla sobre a figura de Carolina Otero

Alumnado 2º bacharelato na charla sobre Carolina Otero

Na tarde do luns 16 de decembro tivemos na Biblioteca unha charla arredor da figura de Carolina Otero a cargo do escritor novel valgués, Javier Carballo de Jesús, o cal acaba de publicar a súa primeira obra "Eu son Carolina". Na súa intervención amosou ao alumnado de 2º Bacharelato un enfoque distinto da vida desta muller, unha das actrices pioneiras do cine español. Para finalizar a súa intervención e xunto coa súa compañeira de promoción no noso Centro, Sonia Tarrío, satisfaceron a curiosidade do alumnado sobre o seu posible futuro académico no mundo universitario a partir das súas experiencias persoais.

Grazas a ámbolos dous!!! e moita sorte no futuro que esperamos lles sexa propicio e brillante. 

Alumnado 2º bacharelato na charla sobre Carolina Otero con Javier Carballo e Sonia Tarrío

Charla arredor da figura de Carolina Otero na Biblioteca do IES Valga

Eu son carolina O luns 16 de decembro, a partir das cinco da tarde e na Biblioteca, teremos unha charla arredor da figura de Carolina Otero a cargo do que foi estudante do noso Centro, Javier Carballo de Jesús, o cal acaba de publicar a súa primeira obra escrita "Eu son Carolina", centrada nesta relevante muller valguesa. Asistirá o alumnado de 2º Bacharelato pero tamén será un acto aberto a toda persoa interesada neste tema. 

Distribuir contido


by Dr. Radut