Skip to Content

Igualdade

Contidos sobre Igualdade

Alumnas de 3º ESO dan a coñecer a mulleres científicas silenciadas

Alumnas de 3º ESO recreando a mulleres científicas silenciadas As alumnas Alba Casal, Carla Herrero e María Romero de 3º ESO A fixeron unha recreación teatralizada, aos seus compañeiros de 3º ESO e ESO, da vida de tres mulleres científicas cuxa obra foi silenciada durante moito tempo. As científicas que escolleron para esta actividade foron: a inglesa, Rosalind Franklin, adicada á bioloxía molecular que colaborou no descubrimento do ADN tras doutorarse en química-física; Mileva Marić, matemática serbia, primeira muller de Albert Einstein e Lise Meitner, física austríaca que investigou a radioactividade e física nuclear. Esta actividade enmárcase dentro das que realiza o centro no contrato programa IGUÁLA-T.

Alumnas de 3º ESO recreando a mulleres científicas silenciadas

 

Concurso de carteis para conmemorar o Día Internacional da Muller

Ata o 25 de febreiro está aberto o prazo para que o alumnado de ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos do noso centro poida participar no "Concurso de carteis" e, presentar un traballo que teña como tema principal a conmemoración do 8 de marzo,  Día Internacional da Muller.

Concurso de carteis pola iguladade

8 de marzo: Día Internacional da Muller

8 de marzo  8 de marzo día Internacional da Muller

  8 de marzo: día Interncional da Muller                                                                                                                                                                          

Concurso Cartel Día Internacional da Muller

Convocatoria do III Concurso de carteis do 8 de marzo de 2020, Día Internacional da Muller

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa e a Secretaría Xeral de Igualdade convocan un concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller. Poderá participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universitario que oferte ensinanzas de infantil, primaria, secundaria e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia en tres categorías:
· 1a Categoría.- Alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.
· 2a Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO).
· 3a Categoría.- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e 1º e 2º de bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior.

O prazo de presentación conclúe o 20 de febreiro de 2020. Non serán admitidos os traballos que sexan recibidos con posterioridade a esa data. As obras remitiranse por correo ordinario en sobre pechado ao seguinte enderezo: Secretaría Xeral da Igualdade, Edificio administrativo San Lázaro s/n 15781- Santiago de Compostela, facendo constar nel “III Concurso de carteis 8 marzo”
As bases do concurso pódense consulta no seguinte enlace:

https://igualdade.xunta.gal/gl/actualidade/convocatoria-do-iii-concurso-de-carteis-do-8-de-marzo-de-2020-dia-internacional-da

Para obter máis información pódense realizar consultas nos seguintes teléfonos: Servizo de Promoción e Cooperación Institucional (Secretaría Xeral de Igualdade): 981 545 360- 981545312.

Distribuir contido


by Dr. Radut