Skip to Content

Información xeral

Info Xeral

Normativa FP

Currículos

As programacions están na aula virtual de cada un dos módulos. 

PROMOCIÓN A 2º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS MODALIDADE ORDINARIO. CURSO 2023-24.

O alumnado poderá formalizar a matrícula no segundo curso cando teña superados todos os módulos do primeiro curso ou se a suma da duración do módulo ou dos módulos pendentes non supera as 300 horas.

En todo caso, cando un alumno ou unha alumna non logren a promoción deberán repetir os módulos profesionais non superados, para o cal deberán formalizar a matrícula no mesmo curso e se incorporarán ao grupo de alumnado correspondente. 

PROMOCIÓN A 2º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS MODALIDADE DUAL.  CURSO 2023-24.

Para acadar a promoción de curso e poder continuar no proxecto de formación profesional dual, o alumnado deberá superar a totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo.

No caso de non superar algún módulo, o alumnado poderá realizar a solicitude de continuidade no ciclo formativo, que entregará no centro educativo. Logo de solicitada a continuidade por parte do/da alumno/a, o centro educativo e a empresa deberán emitir, tendo en conta as circunstancias do/da alumno/a, a súa evolución e a viabilidade de que recupere os módulos pendentes no que quede de proxecto, cadanseu informe favorable ou non favorable á continuidade do/da alumno/a no ciclo.

O centro educativo remitirá os tres documentos á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para a súa resolución.

Validacións 

Probas de acceso a ciclos e probas libres
Distribuir contido


by Dr. Radut