Skip to Content

Complementarias

Alumnado de 3º ESO realizou unha viaxe cultural a Madrid

Alumnado de 3º ESO en Madrid

O alumnado de 3º ESO realizou unha viaxe cutlural a Madrid os días 3 e 4 de abril. Nesta saída didáctica puido coñecer algúns dos lugares máis emblemáticos da capital de España, así como visitar varios dos seus museos como o Museum of Illusions, o de Ciencias, o Reina Sofía ou o do Prado. Foron acompañados polas profesoras Mar Tejero, Conchi Paz e Isolina Salgado.

Alumnado de 3º ESO en Madrid

Alumnado de 1º Bacharelato realiza unha viaxe cultural a Londres

   Alumnado de Bacharelato en Londres

Alumnado de 1º Bacharelato realiza do 17 ao 20 de marzo unha viaxe con carácter didáctico á cidade de Londres.  Nesta viaxe cultural fan un percorrido polos lugares máis emblemáticos de Londres, así como unha visita ao British Museum e asistir á representación da ópera "Madama Butterfly" na Royal Opera House. Son acompañados polo profesorado Ana Staton e Fran Godón.

                                     Alumnado de 1º Bacharelato en Londres

Viaxe cultural a Florencia, Siena e Pisa do alumnado de 4º ESO

Alumnado de 4º ESO en Florencia

O alumnado de 4º ESO iniciou unha viaxe cultural a Italia, no que vai visitar as cidades de Florencia, Siena e Pisa entre o sábado 16 e o xoves 21 de marzo. Nesta viaxe son acompañados polas profesoras Mar Tejero, Nieves Gómez e Paula A. Rey.

Alumnado 4º ESO en Florencia

Torneo de Xadrez na Biblioteca

Alumnado participante no Torneo de Xadrez 2023/2024 na Biblioteca

Neste segundo trimestre segue desenvolvéndose, durante os recreos, o Torneo de Xadrez 2023-2024 na Biblioteca. O torneo divídese en dúas categorías: na 1ª categoría a competición emparella a alumnado de 1º e 2º ESO, mentres na 2ª categoría faino entre alumnado dos restantes niveis da ESO e Bacharelato.

Alumnado participamte no Torneo de Xadrez 2023/2024 na Bibliotexa

Alumnado dos Ciclos Básicos, Ciclo Medio de FM e 4º ESO asiste a unha charla sobre "As lesións medulares"

Alumnado de Ciclos e 1º Bacharelato na charla "As lesións medulares" por AESLEME

Alumnado de 2º curso dos Ciclos Básicos e de SOCA xunto cos de 4º ESO e 1º Bacharelato asistiron en Audivisuais, na tarde do luns 4 de marzo, á charla: “As lesións medulares” por parte de AESLEME. Esta asociación nacional, sen ánimo de lucro e declarada de utilidade pública, dedicada á prevención de lesións graves por siniestros viais, transmitiulles as posibles consecuencias dos accidentes de tráfico, intentando conseguir diminuír o número de personas que sofren estas consecuencias. A actividade foi organizada polo departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut