Skip to Content

Actividades

Alumnado de 2º e 3º ESO asiste ao Concerto da Orquestra Clásica Galega de Valga no Auditorio Municipal

Alumnado de 2º e 3º ESO no Concerto da Orquestra Clásica Galega de Valga

Alumnado de 2º e 3º ESO asistiu no Auditorio Municipal de Valga, na mañá do venres 22 de marzo. a un concerto didáctico da Orquestra Clásica Galega de Valga. dirixida por Manuel Villar e formada por violíns, violas, violoncellos e contrabaixos e que actuou acompañada polo solista James Strauss. No concerto, titulado “Viva Vivaldi”,  a orquestra interpretou algunhas das obras máis afamadas do compositor veneciano, coma a sinfonía “Alla Rústica” ou as Catro Estacións. Máis información desta actividade picando neste enlace.

Alumnado de 2º e 3º ESO no Concerto da Orquestra Clásica Galega de Valga

Alumnado de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato anima a celebración do Samaín

Alumnado de Música de 4º ESO no Samaín 2023

O alumnado de Música dos cursos 4º ESO e 1º Bacharelato, xunto ao seu profesor Ismael Cabaleiro, animou as aulas coa súa música e bailes, dentro da celebración do Samaín 23. A actividade tivo lugar en dúas sesións lectivas diferentes: o luns 30 e martes 31 de outubro. Foi organizada polo departamento de Música en colaboración coa Vicedirección.

Alumnado de Música de 1º Bacharelato no Samaín 2023

Viaxe a Madrid do alumnado de Música de 4º ESO e 1° Bacharelato

Alumnado de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato en Madrid

O alumnado da materia de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato iniciou unha viaxe a Madrid. Desde o martes 19 e ata o venres 22 de abril realizan unha visita musical a esta cidade  e  tamén disfrutarán dos sitios máis emblemáticos (Museo do Prado, Palacio Real,...). Esta viaxe foi organizada polo departamento de Música e están acompañados polo profesorado Beatriz Puente e Manuel Villar.

Alumnado de Música de 4º ESO e 1º Bacharelato na Catedral da Almudena, Madrid

Alumnado de Música de 1º Bacharelato no Samaín

Alumnado de Música 1º Bacharelato no Samaín

Na fotografía podemos ollar ao alumnado da materia de Música de 1º Bacharelato que, co seu profesor Manuel Villar, animaron coa súa música e cancións o ambiente de Samaín polo noso centro durante a semana pasada. 

Actividade musical

Coro 4º ESO 22 12 20

Na mañá do martes 22 de decembro tivemos polos corredores do noso Centro ao alumnado de Música de 4º ESO, co seu profesor Manuel Villar, poñendo animación musical, como preludio das vacacións do Nadal.

Distribuir contido


by Dr. Radut