Skip to Content

Actividades

O alumnado de Economía e do 2º CB SOCA visita empresa Aluminios Cortizo

Alumnado de Economía e 2º de CB SOCA na empresa Aluminios Cortizo

O xoves 1 de febreiro, o alumnado de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato xunto o de 2º curso do Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe, realizou unha visita guiada á empresa Aluminios Coritzo. Nesta saída didáctica coñeceu con detalle todo o proceso completo do ciclo do aluminio, dende as fases de fundición e extrusión de materia prima ata os acabados e materialización en produtos diversos. A actividade foi organizada polo departamento de Economía e o alumnado foi acompañado polas profesoras María Casal, Nieves Gómez e Mar Tejero.

Alumnado de Economía e 2º de CB SOCA na empresa Aluminios Cortizo

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato de Economía e de 2º Ciclo Básico de SOCA visita CLESA

Alumnado de Economía e 2º de CB SOCA en CLESA

O xoves 5 de outubro, o alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato de Economía e do 2º curso do Ciclo Básico de Fabricación e Montaxe, visitou a empresa CLESA en Caldas de Reis. Nesta saída didáctica aprendeu o proceso de fabricación e comercialización dos iogures e outros produtos lácteos. Completouse a saída disfrutando do patrimonio industrial da Fábrica da Luz e a extraordinaria beleza da fervenza de Segade, no propio concello de Caldas de Reis. O alumnado foi acompañado polas profesoras María Casal, Lucía Gómez e Teresa Barreiro. A actividade foi organizada polo departamento de Economía.

Alumnado de Economía e 2º de CB SOCA en CLESA

Alumnado de 4º ESO, 1º Bacharelato e de FOL de 1º de CM SOCA asistiu á charla “Outra forma de emprender: A economía social”

Alumnado4esob1bachbe1cmsocanacharlaOutra forma de emprender: A economía social

O pasado 7 decembro, na Biblioteca, Ana Olveira Blanco, técnica da  Rede Eusumo, Economía Social de Galicia, e cooperativista en Abeluria Coop.gal, dounos una charla sobre : “Outra forma de emprender: A economía social”. Amosounos o que son as empresas de Economía Social, fundamentadas  na primacía das persoas e o fin social fronte ao capital, e nas que os beneficios da actividade retornan ás persoas integrantes. Relatando as características das máis importantes empresas socias de Galicia e a súa importancia económica, facendo especial fincapé nas particularidades das cooperativas e as sociedades laborais.
A actividade foi organizada polo Departamento de Economía para o alumnado de 1º de Bacharelato, 4º da ESO, e 1º do CM de Ciclo Medio de Soldadura e Caldeiraría.

Alumnado4esob1bachbe1cmsocanacharlaOutra forma de emprender: A economía social

Plan Proxecta: TERRAVALGA

ProxectaTerraValga2122

Dentro do Plan Proxecta 21/22 da Consellería de Educación o IES Valga participou co proxecta titulado "TERRAVALGA", nel interveu alumnado de 1º a 4º da ESO así como de  1º Bacharelato, sendo coordinado pola profesora do departamento de Economía, María Casal e no que colaboraron tamén os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas e Xeografía e HistoriaPremendo na imaxe pódese ollar este interesante traballo sobre diferentes aspectos do concello valgués.

TERRAVALGA

O coñecemento do espazo territorial permítenos comprender o lugar onde vivimos, analizar que aspectos  son beneficiosos, cales son os aspectos negativos,  e que aspectos son mellorables,… e así lanzámonos a percorer o noso território, estudando  pormenorizadamente a nosa   fauna e flora, cunha perpiscaz ollada a nosa paixaxe e a súa modificación  ao longo do tempo debido a intervención  humana . A nosa visita o Museo  da historia  de Valga,  amosóunos a importancia da nosa paixase, estreitamente relacionada ca nosa toponímia e  formación da nosa propia identidade, e tamen da relevancia da nosa arquitectura popular.
A interrelación entre o hábitat humno e o hábitat natural fíxenos,  pensar na biodiversidade e os ecosistemas que viven arredor de nós e na súa proteción e conservación, sendo respectuosos coa fauna e flora silvestres
Os bosques e a natureza son tamén importantes para a recreación e o benestar mental. A deforestación e a degradación forestal tradúcense en perda de hábitat para todas as especies, diminución da calidade da auga doce, aumento da erosión do chan, degradación da terra e incremento das emisións de carbono á atmosfera. En resumo, non adoptar medidas sobre os bosques afecta tanto á saúde do planeta como á das nosas comunidades.

Alumnado de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato asiste a unha charla sobre o impacto económico da COVID-19

Alumnado de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato na charla de Economía

O alumnado de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato asisitiu, na aula de 4º ESO B, a unha interesante charla impartida polo profesor da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC, Melchor Fernández que, co título "O impacto económico da crise sanitaria COVID-19", centrouse en introducir os modelos de avaliación de impacto económico xeralmente usados en economía, utilizando como exemplo a análise da situación xerada pola crise sanitaria provocada polo COVID-19.

A actividade foi organizada polo departamento de Economía dentro do programa “A Ponte entre o Ensino Medio e a Universidade de Santiago de Compostela”.

Alumnado de Economía de 4º ESO e 1º Bacharelato na charla de Economía

Distribuir contido


by Dr. Radut