Skip to Content

Actividades

Alumnado de 4º ESO e 2º Ciclo Superior visita a empresa CONGALSA S.L. na Pobra do Caramiñal

Alumando de 4º ESO e Ciclo Medio en Congalsa S.L.   Alumando de 4º ESO e Ciclo Medio en Congalsa S.L. O pasado xoves , 16 de febreiro, alumnado de 4º ESO e 2º Ciclo Superior visitaron á empresa CONGALSA S.L., situada no Polígono Industrial  da Pobra do Caramiñal. É unha empresa adicada a elaboración de produtos conxelados. Conta na actualidade con 300 traballadores e exporta a Europa, Asia e África. A visita estruturouse da seguinte forma:

1. Visionado dun video de presentación para coñecer a historia da empresa

2. Charla - coloquio

3. Percorrido polas tres parcelas que constitúen a Liña Natural, a de Precociñados e a de Masa. Nelas poidemos  coñecer o Laboratorio de Microbioloxía, o Laboratorio de I+D e a Zona de Produción e Envasado.

4. A continuación visitamos a Sala de Catas e os comedores.

5. Finalmente os alumnos poideron degustar a súa variedade  de produtos.

Cabe salientar o interés amosado polos alumnos con numerosas  preguntas formuladas ao guía que nos acompañou durante a visita. Podemos concluir dicindo que a visita foi moi frutífera e gratificante para alumnos e profesora. A actividade foi organizada polo departamento de Economía.

 
   

Visita ao Grupo INDITEX de alumnado do IES Valga

Alumnado de Ciclo Superior e 1º Bacharelato de Economía en INDITEX    Alumnado de Ciclo Superior e 1º Bacharelato de Economía en INDITEX 

O pasado luns 15 de febreiro, o alumnado de 1º de Bacharelato de Economía e do Ciclo Superior do noso Centro, acompañados das profesoras Raquel Carballo e Mª France Mayán visitou a sede do Grupo Inditex, situada en Arteixo (Pol. Sabón). Nela atopasen a sede corporativa e as sedes de Zara e Zara Home, varias fábricas textís propiedade do Grupo e unha das plataformas loxísticas.

A visita transcorreu polos Departamentos de Compras, Deseño (Gráfico, De Tendencias, Patronaxe) e Fabricación de Zara Neno/a.

Explicaronnos ca frecuencia de proveedores é diaria e as principais características da empresa son: Axilidade, Grandes espazos, Control de Medición e Control de Calidade.

A continuación pasamos a sección de Zara Woman e Cosmética, onde podemos coñecer o traballo de Zara online e os sets de maquillaxe, vestiario, fotografía e tamén a rodaxe dos modelos para a venda dos produtos online.

Tamén visitamos as Tendas Piloto, Escaparatismo e a Sección de Zara Man (Patronaxe e Proveedores).

A derradeira parada foi no Almacén. Accedemos polos túneles que percorren os 36 Kms. que unen as 10 fábricas. Os alumnos poideron comprobar o traballo das máquinas de Corte, Marcada, Planchado e Embalado das prendas e a posterior distribución por vía terrestre a toda Europa e por vía aérea ao resto do mundo.

A visita, organizada polo Departamento de Economía, foi moi frutífera e gratificante para alumnos e profesoras. 

Charla sobre as orixes e as consecuencias da crise económica actual do profesor Xaime Barreiro Gil

 

"O xoves 27 de febreiro celebrouse na Biblioteca do IES de Valga unha interesante charla, dirixida aos alumnos de 1º e 2º Bacharelato, a cargo do doctor en Economía da USC, M: Xaime Barreiro Gil, co título "A crise económica actual: orixes e consecuencias".  Esta charla foi organizada polos Departamentos de Economía e Historia, dentro da oferta de conferencias que dende á Universidade preséntase aos centros de secundaria."

Para ampliar foto prema na imaxe

 

Distribuir contido


by Dr. Radut