Skip to Content

Actividades

Intercambio textual organizado pola Biblioteca

Intercambio textual 2021

Esta semana na que o venres 23 de abril se conmemora o Día do Libro, o equipo da Biblioteca organiza un "Intercambio textual", onde os membros da comunidade educativa poden traer un libro que lles gustase e intercambialo por outro achegado por outra persoa durante quince días. De luns a xoves recóllense os exemplares na Biblioteca. O vindeiro venres 23 poñeranse na carpa todas as achegas para que calquera persoa poida recoller un libro.

En palabras dun dos colaboradores da Bilbioteca, o profesor Víctor González: Co "Intercambio textual", intercambiase un obxecto material, pero o intercambio textual vai moito máis alá, intercambiase vida, a vida dos personaxes dos textos, intercámbianse ideas, filosofías... en fin, comunicación. Intercambio de almas; un xeito como outro calquera de facer amigos... ben, como outro calquera, non, o más axeitado. Esperámosvos na biblioteca

21 de marzo, Día Mundial da Poesía

Día Mundial da Poesía

O 21 de marzo celébrase o Día Mundial da Poesía, data escollida pola UNESCO dende 1999 para, entre outros obxectivos, honrar aos poetas, revivir tradicións orais de recitais de poesía, promover a lectura, a escritura e a ensinanza da poesía. Dende a Biblioteca do noso centro queremos contribuír a este día cunha pequena escolma de textos en catro linguas diferentes, que podes ollar na imaxe ou no ficheiro adxunto a esta nova.

Día Mundial da Poesía  2021
 

Logo gañador do concurso "escolla logo da Biblioteca"

Logo gañador da Biblioteca

Xa temos o logo gañador para a Biblioteca do noso centro. Cun total de 36 votos, a imaxe que acompaña esta nova, é a ilustración gañadora do concurso que se mantivo aberto durante todo  o mes de febreiro. A alumna Rosalía Muíño Cotón de 3º ESO A foi a gañadora e será obsequiada cun vale por valor 30 euros para consumir na nosa cafetaría. Noraboa á gañadora e grazas a todo o alumnado que participou neste concurso.

Tamén queremos recordar que o venres 5 de marzo acaba o prazo para presentar as fotografías ao concurso “Nós, as mulleres”. No ficheiro anexado a esta nova pódense consultar as bases deste concurso.

 

Escolla do logo da Biblioteca

Logo novo Biblioteca

A Biblioteca, en colaboración co departamento de Educación Plástica e Visual, convoca un concurso para elixir o novo logo da Biblioteca do noso centro.

Os usuarios da aula virtual do centro poden votar xa polo seu logo preferido. Para facelo teñen que ir á aula virtual da Biblioteca, entrar no apartado "Escolla do logo da Biblioteca", mirar os traballos finalistas e votar polo que máis lles guste.

O prazo para votar remata o 28 de febreiro ás 14:30 horas.

O autor ou autora do logo gañador será obsequiado cun vale por valor 30 euros para consumir na nosa cafetaría.

Logo novo Biblioteca

 

 

30 de xaneiro: Dia Escolar da Non Violencia e a Paz

30 de xaneiro: Dia Escolar da Non Violencia e a Paz         
   
Distribuir contido


by Dr. Radut