Skip to Content

Actividades

Alumnado de 1º ESO visita o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

Alumnado 1º ESO no PAAR de Campo Lameiro

Alumnado de 1º ESO realizou unha visita didáctica ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) na mañá do mércores 24 de abril. Nesta actividade e, a través dos guías do Parque, aprendeu o mundo simbólico oculto entre as rochas e a paisaxe deste espazo, ademais de participar nun taller de caza.
O alumnado foi acompañado polas profesoras: Paula Fernández, Mar Tejero, Avel Turnes, Martín Basaco e Lucía Iglesias. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado 1º ESO no taller de caza, PAAR de Campo Lameiro

Alumnado de 2º ESO realizou unha vista didáctica á Catedral e un paseo "matemático" por Santiago

                              Alumnado de 2º ESO na Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela

O luns 22 de abril, o alumnado de 2º da ESO realizou unha saída didáctica á cidade de Santiago de Compostela, na que puideron coñecer, nunha visita guiada, o Pórtico da Gloria e as cubertas da Catedral. Ademais realizaron un paseo "matemático" por diferentes espazos da zona antiga, onde atoparon elementos e propiedades matemáticas onde menos o esperaron. Esta visita foi organizada conxuntamente polos departamentos de Xeografía e Historia e Matemáticas e o alumnado estivo acompañado polo profesorado Paula Fernández, Maruxa Barca, Laura Souto e Modesto Fontán.

                              Alumnado de 2º ESO no paseo "matemático", Santiago de Compostela

Alumnado 3° ESO visita a empresa Extrugasa

Alumnado 3º ESO en Extrugasa

O mércores 10 de abril, o alumnado de 3º ESO realizou unha visita guiada á Extrugasa. Nesta saída didáctica puideron coñecer a actividade de produción dunha industria así como os diferentes espazos desta empresa do aluminio. Foron acompañados polo profesorado Modesto Fontán, Paula Fernández, Nieves Gómez e Beni Neo. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato visita Extrugasa

Alumnado de Xeografía 2º Bacharelato na empresa EXTRUGASA

O mércores 3 de abril, o alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato realizou unha visita guiada á Extrugasa. Nesta saída didáctica puideron coñecer a actividade de produción dunha industria así como os diferentes espazos desta empresa do aluminio. Foron acompañados polos profesores Modeston Fontán e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 3º ESO visitou o Parlamento de Galicia

Alumnado de 3º ESO no Parlamento de Galicia, Santiago de Compostela

O alumnado de 3º ESO realizou, na mañá do mércores 20 de marzo, unha saída didáctica á Santiago de Compostela para visitar o Parlamento de Galicia. No Parlamento, coñeceu as funcións, a organización e a historia da institución, accedendo tamén ás dependencias máis solemnes do pazo do Hórreo como o Salón dos Reis ou o hemiciclo. Foron acompañados polo profesorado Maruxa Barxa, Isolina Salgado e Modesto Fontán. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 3ª ESO no Parlamento de Galicia, Santiago de Compostela

Distribuir contido


by Dr. Radut