Skip to Content

Actividades

Alumnado de 2º Bacharelato participou na XV Olimpíada de Xeográfica de Galicia

Alumnado de Xeografía 2º Bacharelato na XV Olimpíada Xeográfica de Galicia

O martes 5 de marzo, alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato participou na XV Olimpíada Xeográfica de Galicia que tivo lugar na Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago de Compostela. O acto central foi a realización dunha proba escrita; ademais tiveron a oportunidade de coñecer o plan de estudos e as posibles saídas desta ciencia. A Olimpíada foi organizada pola Delegación Territorial do Colexio de Xeógrafos en Galicia en colaboración co Departamento de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela.

Alumnado de 2º Bacharelato asiste a unha charla coa xornalista e escritora Montse Fajardo

Alumnado de 2º Bacharelato na charla de Montse Fajardo “A represión sobre as mulleres tras o golpe de estado de 1936”

Na Biblioteca, a xornalista e escritora vilagarciá Montse Fajardo, impartiu unha interesante charla: “A represión sobre as mulleres tras o golpe de estado de 1936”.  A autora de “Matriarcas”, “Un cesto de mazás” ou "A vida incerta. Biografía de Virxinia Pereira" deu a coñecer, ao alumnado de 2º Bacharelato, a través das historias dalgunhas mulleres de distintos concellos pontevedreses, a situación da muller nese período histórico  e como viron as súas vidas truncadas ou condicionadas a raíz deste tráxico suceso da historia de España. Ademais a relatora fixo fincapé na historia do último alcalde republicano do concello de Valga. A actividade tivo lugar o venres 1 de marzo, sendo organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 2º Bacharelato na charla de Montse Fajardo “A represión sobre as mulleres tras o golpe de estado de 1936”

Alumnado de Historia da Arte de 2º Bacharelato realiza unha saída didáctica en A Coruña

Alumnado de Historia da Arte 2º Bacharelato no Museo de Bellas Artes de A Coruña

O alumnado de Historia da Arte de 2º Bacharelato realizou un percorrido por diferentes espazos artístico-culturais de A Coruña na mañá do xoves 11 de xaneiro. O seu itinerario iniciouse cunha visita guiada pola Torre de Hércules,  máis tarde continou con outra visita, tamén guiada, ao Museo de Bellas Artes de A Coruña, onde puideron coñecer a representación artística da muller durante a Historia da Arte e o papel da muller como creadora, así como achegarse á figura de Fracisco de Goya a través das series de gravados que conserva este museo. Finalizou esta saída didáctica cun percorrido pola exposición do fotógrafo alemán-australiano Helmut Newton, na nave portuaria do Muelle de Batería, ollando as súas imaxes máis coñecidas, podendo ver entre outras a Margaret Thatcher, Versace, Naomi Campbell ou David Bowie. Foron acompañados polos profesores Diego Botana e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de Historia da Arte 2º Bacharelato na Torre de Hércules, A Coruña

 

Alumnado de Historia da Arte 2º Bacharelato no Museo de Bellas Artes de A Coruña

Alumnado de Historia da Arte de 2º Bacharelato realiza unha saída didáctica a Santiago

Alumnado de Historia da Arte 2º Bacharelato na Praza do Obradoiro, Santiago de Compostela

O luns 18 de decembro, o alumnado de Historia da Arte de 2º Bacharelato realizou unha saída diáctica a Santiago de Comostela, primeiro cunha unha visita guiada ao Pórtico da Gloria para coñecer en profundidade esta obra, cumio da arte medieval. Despois fixo un percorrido por diferentes espazos da Catedral. A saída completouse cun itinerario pola cidade e a visita, tamén guuida, á exposición «This is pop. Das latas de Andy Warhol ás túas» na Sede Afundación de Santiago de Compostela. Na exposición puido coñecer grandes obras da arte pop, desde as súas orixes nos anos cincuenta ata os nosos días, de artistas como Andy Warhol, Roy Lichtenstein, Robert Rauschenberg, o Equipo Crónica ou Jeff Koons entre outros. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de Hª da Arte 2º Bacharelato na exposición «This is pop. Das latas de Andy Warhol ás túas» na Sede Afundación, Santiago

Visita ao Museo da Historia de Valga do alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato

Visita ao Museo da Historia de Valga do alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato

O alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato visitou as instalacións do Museo da Historia de Valga na mañá do xoves 14 de decembro. Guiados por Santiago Chenlo, responsable do Museo, fixeron un percorrido polas instalacións deste edificio, onde puideron coñecer un pouco máis sobre a paisaxe e o poboamento de Valga, dalgúns dos vestixios que a historia deixou neste concello e de figuras representativas do municipio como Carolina Otero. Completaron esta saída cunha actividade sobre a vexetación e a hidrografía do río Valga. Foron acompañados dos profesores Diego Botana e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Visita ao Museo da Historia de Valga do alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato

Distribuir contido


by Dr. Radut