Skip to Content

Actividades

Visita ao Museo da Historia de Valga do alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato

Alumnas de Xeografía de 2º Bacharelato no Museo da Historia de Valga

O alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato visitou as instalacións do Museo da Historia de Valga na mañá do mércores 17 de novembro. Acompañados de Santiago Chenlo, responsable do Museo, fixeron un percorrido polas instalacións deste edificio, onde puideron coñecer un pouco máis sobre a paisaxe e o poboamento de Valga, dalgúns dos vestixios que a historia deixou neste concello e de figuras representativas do municipio como Carolina Otero. Foron acompañados dos profesores Fran Godón e Juan Carlos Montejano. Máis información picando neste enlace.

Alumnas de Xeografía de 2º Bacharelato no Museo da Historia de Valga

Visita do alumnado de 1º Bacharelato ao pazo do Faramello en Rois

Visita do alumnado de 1º Bacharelato ao pazo do Faramello en Rois 

O alumnado de Historia do mundo contemporáneo de 1º Bacharelato visitou este mércores 13 de outubro o pazo do Faramello (Rois). Durante a visita guiada o alumnado achegouse á historia desta edificación do s. XVIII na que se albergou a primeira Real fábrica de papel de Galicia, empregouse como arsenal na guerra de independencia contra os franceses e mesmo foi residencia estival do rei Afonso XIII. Ao remate o alumnado plantou un Cercis siliquastrum, tamén chamado árbore do amor, no xardín dos Recordos. Foron acompañados polos profesores Modesto Fontán e Víctor González. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 1º Bacharelato no pazo do Faramello en Rois

Alumnado de 4º ESO fai un percorrido pola arquitectura de Valga

Alumnado 4º ESO no Museo da Historia de Valga

O luns 31 de maio, o alumnado de 4º ESO percorreu diferentes espazos do concello de Valga para estudar parte da arquitectura do concello. A saída incluíu unha explicación do técnico de cultura do concello, Santiago Chenlo sobre o edificio do Museo da Historia de Valga, así como a visita ao pazo da Bouza, ás igrexas de San Miguel, Xanza e Cordeiro e outras construcións de interese do concello.
Tamén puideron coñecer algo máis de persoeiros ilustres de Valga como Xesús Ferro Couselo, o pai Isorna e Celestino Carbia cunha visita ao cemiterio de Cordeiro,  onde se atopan enterrados.
Foron acompañados polo profesorado Teresa Sumay, Mar Tejero e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 4º ESO na escola unitaria de Ferreirós

Alumnado de 3º, 4º da ESO e 1º Bacharelato participou na visita en liña á exposición "Vestir épocas"

Visita en liña "Vestir épocas" 3º ESO B/C

O alumnado de 3º ESO, 4º ESO A e 1º Bacharelato de Historia do Mundo Contemporáneo participou na visita virtual á exposición Vestir Épocas, 1860-1960. A Colección González-Moro, coa que pon en relevo o valor da costura dentro da arte, que se atopa no Museo de Belas Artes de A Coruña. A través desta interesante videoconferencia puideron apreciar os usos e costumes que transitaron desde mediados do século XIX ata mediados do século XX, a través dun percorrido que se estende por toda as salas do museo, apreciando as obras da colección permanente, atendendo a súa iconografía, época e uso.
O alumnado de 4º ESO A e 1º Bacharelato asistiu a esta visita o pasado xoves 20 de maio e o alumnado de 3º ESO, o venres 21 de maio. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Visita en liña "Vestir épocas" alumnado 3º ESO A

Visita en liña "Vestir épocas" alumnado 4º ESO A e de HMC de 1º Bacharelato

Alumnado de 1º ESO asiste á visita en liña "Faraón: Rei de Exipto"

Alumnado 1º ESO B na videoconferencia sobre Exipto

O alumnado de 1º ESO asistiu na mañá do mércores 28 de abril á visita didáctica por videoconferencia da exposición "Faraón, Rei de Exipto", proveniente do British Museum, realizada desde o Museo Centro Gaiás. O alumnado tivo ocasión, con esta actividade, de explorar o simbolismo e o ideario da monarquía exipcia; e mergullarse nos relatos que se ocultan detrás dos obxectos e das imaxes que nos deixou como herdanza este imperio. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Distribuir contido


by Dr. Radut