Skip to Content

Actividades

Xornadas de Voleibol para alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato

Alumnado de 1º Bacharelato nas Xornadas de Voleibol

O alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato participou o mércores 13 e o xoves 14 de marzo nunhas "Xornadas de Voleibol" impartidas polo entrenador do Club Voleibol Rianxo e un Técnico do Ximnasio Municipal do concello de Valga. A actividade realizouse no ximnasio do noso centro e foi organizada polo departamento de Educación Física.

Alumnado de 1º Bacharelato nas "Xornadas de voleibol"

Taller de baile no ximnasio

Taller de baile co alumnado de 2º ESO   Taller de baile co alumnado de 2º ESO Este venres, 3 de marzo, tivo lugar no ximnasio do noso Centro, a actividade "Taller de baile", organizada polo departamento de Educación Física. O alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO máis o de 1º de Bacharelato en quendas de dúas horas, puideron mellorar a súa técnica de baile a partir de ritmos como a bachata, chachachá, salsa ou zouk, grazas ás indicacións da profesora de baile invitada, Marta, e do noso compañeiro e profesor de Educación Física, José Luis Bestilleiro.  
   

Coreografías ximnásticas no IES Valga

Alumnado participante nas coreografías ximnásticas   Alumnas de 2º ESO A nunha das coreografías   O pasado 20 de decembro, alumnado de 2º, 3º, 4º da ESO e 1º Bacharelato realizou no ximnasio do noso centro unha exhibición de coreografías ximnásticas, coincidindo co final deste primeiro trimestre do curso 2016-2017. Durante máis dunha hora amenizaron ao resto do alumnado do Centro así como ao profesorado que asistiu moi atento a unha actividade que ensaiaron co seu profesor de educación física, Santi, durante este trimestre, e que ademais serviu como emotiva despedida para el.  
   

Alumnas e alumnos do IES Valga acaparan todos os primeiros postos na competición deportiva celebrada en Portas

Alumnos e alumnas do IES de Valga acapararon todos os primeiros postos das catro categorías da competición deportiva de campo o pasado dias 19 de xaneiro na localidade pontevedresa de Portas.

Nesta fase comarcal, os primeiros, segundos e terceiros postos foron para estudiantes do IES de Valga nas categorías de Infantil femenino, Infantil Masculino, CAdete Femenino e Cadete Masculino.

Para ampliar foto prema na imaxe

Distribuir contido


by Dr. Radut