Skip to Content

Actividades

Visita do alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato a Meteogalicia

Alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato en Meteogalicia

O alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato visitou as instalacións de Meteogalicia acompañado dos profesores Modesto Fontán e Xoán Carlos Montejano do Departamento de Xeografía e Historia. Participaron nunha "Sesión formativa sobre meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos": primeiro fixeron unha visita á sala de Predición Operativa, onde puideron observar as ferramentas que os preditores empregan para o desenvolvemento do seu traballo e escoitaron unha breve explicación de como o desenvolven. A continuación, asistiron na sala didáctica a dúas charlas, unha sobre conceptos básicos da meteoroloxía e da climatoloxía e outra sobre aproximación ao coñecemento de como se mide o tempo, a través da presentación dunha estación meteorolóxica e exposición de instrumentos meteorolóxicos tanto manuais como automáticos. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato en Meteogalicia

Alumnado de 4º ESO A e 1º Bacharelato de Historia do Mundo Contemporáneo visita o Museo Massó e a antiga fábrica de salgadura de Mourisca

Alumnado 4ESOA e 1BachHMC no Museo Masso, Bueu

O mércores 15 de novembro, o alumnado de 4º ESO A e de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato visitou o Museo Massó e a antiga fábrica de salgadura de Mourisca na localidade pontevedresa de Bueu, onde coñeceron o seu o patrimonio marítimo e industrial.
Na visita guiada polo edificio do museo descubriron as salas onde se atopan: a colección de instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos e maquetas de barcos históricos; tamén os espazos que se adican á actividade industrial da familia Massó: as súas fábricas de salga e de conservas e a caza da balea.
Na antiga fábrica de salgadura de Mourisca, situada na praia do mesmo nome, na paraxe natural de Cabo Udra en Beluso (Bueu), fixeron un itinerario guiado sobre a historia da industria da salgadura de peixe e o proceso de traballo nunha fábrica de salgadura.
Foron acompañados polos profesorado Paula Antía Rey, Modesto Fontán e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado 4ESOA e 1BachHMC na fabrica de salgadura de Mourisca, Bueu

Alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato visita o Pazo do Faramello en Rois

Alumnado de 4º ESO B e 1º Bach HMC no Pazo do Faramello (Rois)

O alumnado de 4º ESO B e de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato visitou, o mércores 18 de outubro, o pazo do Faramello (Rois). Durante a visita guiada o alumnado achegouse á historia desta edificación do s. XVIII na que se albergou a primeira Real fábrica de papel de Galicia, empregouse como arsenal na guerra contra a invasión napoleónica e mesmo foi residencia estival do rei Afonso XIII. Ao remate o alumnado plantou un liquidámbar, no Xardín dos Recordos. Foron acompañados polos profesorado Paula Fernández, Nieves Gómez e Modesto Fontán. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 4º ESO B e 1º Bach HMC no Pazo do Faramello (Rois)

Alumnado de 4º ESO fai un percorrido polo patrimonio histórico-artístico de Valga

Alumnado de 4º ESO na Igrexa de Santa María de Xanza

O luns 5 de xuño, o alumnado de 4º ESO percorreu diferentes espazos do concello de Valga para coñecer o seu patrimonio histórico-artístico. A saída incluíu a visita ao pazo da Bouza, ás igrexas parroquiais de San Miguel, Xanza, Setecoros e Cordeiro e outras construcións de interese do concello como o Cruceiro de Cerneira ou a Igrexa Vella de Cordeiro.
Tamén puideron coñecer algo máis de persoeiros ilustres de Valga como Xesús Ferro Couselo, o pai Isorna e Celestino Carbia cunha visita ao cemiterio de Cordeiro,  onde se atopan enterrados.
Foron acompañados polo profesorado Cristina Lobato, Vanessa Fernández, Diego Botana e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado 4º ESO na Casa Escola de Emigrantes de Ferreirós

Alumnado de 1º ESO visita o Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

Alumnado de 1º ESO no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

Alumnado de 1º ESO realizou unha visita didáctica ao Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro (PAAR) na mañá do xoves 4 de maio. Nesta actividade e, a través dos guías do Parque, aprendeu o mundo simbólico oculto entre as rochas e a paisaxe deste espazo. Ademais puido participar nun taller de exhibición de lume e un obradoiro didáctico de cerámica.
O alumnado foi acompañado polas profesoras: Paula Fernández, Mar Tejero, Ana Castro e Lucía Iglesias. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de 1º ESO no Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro

Distribuir contido


by Dr. Radut