Skip to Content

Alumnado de 4º ESO A e 1º Bacharelato de Historia do Mundo Contemporáneo visita o Museo Massó e a antiga fábrica de salgadura de Mourisca

Alumnado 4ESOA e 1BachHMC no Museo Masso, Bueu

O mércores 15 de novembro, o alumnado de 4º ESO A e de Historia do Mundo Contemporáneo de 1º Bacharelato visitou o Museo Massó e a antiga fábrica de salgadura de Mourisca na localidade pontevedresa de Bueu, onde coñeceron o seu o patrimonio marítimo e industrial.
Na visita guiada polo edificio do museo descubriron as salas onde se atopan: a colección de instrumentos de navegación, documentos e libros antigos, obxectos curiosos e maquetas de barcos históricos; tamén os espazos que se adican á actividade industrial da familia Massó: as súas fábricas de salga e de conservas e a caza da balea.
Na antiga fábrica de salgadura de Mourisca, situada na praia do mesmo nome, na paraxe natural de Cabo Udra en Beluso (Bueu), fixeron un itinerario guiado sobre a historia da industria da salgadura de peixe e o proceso de traballo nunha fábrica de salgadura.
Foron acompañados polos profesorado Paula Antía Rey, Modesto Fontán e Juan Carlos Montejano. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado 4ESOA e 1BachHMC na fabrica de salgadura de Mourisca, Bueu



page | by Dr. Radut