Skip to Content

Visita do alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato a Meteogalicia

Alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato en Meteogalicia

O alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato visitou as instalacións de Meteogalicia acompañado dos profesores Modesto Fontán e Xoán Carlos Montejano do Departamento de Xeografía e Historia. Participaron nunha "Sesión formativa sobre meteoroloxía e aparellos meteorolóxicos": primeiro fixeron unha visita á sala de Predición Operativa, onde puideron observar as ferramentas que os preditores empregan para o desenvolvemento do seu traballo e escoitaron unha breve explicación de como o desenvolven. A continuación, asistiron na sala didáctica a dúas charlas, unha sobre conceptos básicos da meteoroloxía e da climatoloxía e outra sobre aproximación ao coñecemento de como se mide o tempo, a través da presentación dunha estación meteorolóxica e exposición de instrumentos meteorolóxicos tanto manuais como automáticos. A actividade foi organizada polo departamento de Xeografía e Historia.

Alumnado de Xeografía de 2º Bacharelato en Meteogalicia



page | by Dr. Radut