Skip to Content

Plan Proxecta: TERRAVALGA

ProxectaTerraValga2122

Dentro do Plan Proxecta 21/22 da Consellería de Educación o IES Valga participou co proxecta titulado "TERRAVALGA", nel interveu alumnado de 1º a 4º da ESO así como de  1º Bacharelato, sendo coordinado pola profesora do departamento de Economía, María Casal e no que colaboraron tamén os departamentos de Bioloxía e Xeoloxía, Matemáticas e Xeografía e HistoriaPremendo na imaxe pódese ollar este interesante traballo sobre diferentes aspectos do concello valgués.

TERRAVALGA

O coñecemento do espazo territorial permítenos comprender o lugar onde vivimos, analizar que aspectos  son beneficiosos, cales son os aspectos negativos,  e que aspectos son mellorables,… e así lanzámonos a percorer o noso território, estudando  pormenorizadamente a nosa   fauna e flora, cunha perpiscaz ollada a nosa paixaxe e a súa modificación  ao longo do tempo debido a intervención  humana . A nosa visita o Museo  da historia  de Valga,  amosóunos a importancia da nosa paixase, estreitamente relacionada ca nosa toponímia e  formación da nosa propia identidade, e tamen da relevancia da nosa arquitectura popular.
A interrelación entre o hábitat humno e o hábitat natural fíxenos,  pensar na biodiversidade e os ecosistemas que viven arredor de nós e na súa proteción e conservación, sendo respectuosos coa fauna e flora silvestres
Os bosques e a natureza son tamén importantes para a recreación e o benestar mental. A deforestación e a degradación forestal tradúcense en perda de hábitat para todas as especies, diminución da calidade da auga doce, aumento da erosión do chan, degradación da terra e incremento das emisións de carbono á atmosfera. En resumo, non adoptar medidas sobre os bosques afecta tanto á saúde do planeta como á das nosas comunidades.



page | by Dr. Radut