Skip to Content

Actividades

Alumnado de Música de 1º Bacharelato no Samaín

Alumnado de Música 1º Bacharelato no Samaín

Na fotografía podemos ollar ao alumnado da materia de Música de 1º Bacharelato que, co seu profesor Manuel Villar, animaron coa súa música e cancións o ambiente de Samaín polo noso centro durante a semana pasada. 

Actividade musical

Coro 4º ESO 22 12 20

Na mañá do martes 22 de decembro tivemos polos corredores do noso Centro ao alumnado de Música de 4º ESO, co seu profesor Manuel Villar, poñendo animación musical, como preludio das vacacións do Nadal.

Alumnado do IES Valga asiste ao concerto didáctico "Deriva" no Auditorio Municipal

Concerto didáctico Deriva" no Auditorio

Alumnado do Obradoiro de Música de 1º ESO xunto co alumnado da materia de Música de 2º e 3º ESO asistiu, no Auditorio Municipal de Valga, ao concerto didáctico "Deriva". Neste concerto catro músicos interpretaron temas das compositoras Lula Romero, Katharina Rosenberger e Victoria Cheah, Esta proposta musical "Deriva" está enmarcado dentro do ciclo de concertos “En Ruta”, incluído no programa “O teu Xacobeo”, organizado pola Xunta de Galicia para promover actividades de dinamización na antesala do Ano Santo 2021. A actividade foi organizada polo departamento de Música. Neste enlace máis información sobre este evento celebrado na mañá do luns 7 de outubro.

Alumnado no concerto "deriva"

Alumnado de 2º ESO asiste a un concierto didáctico en Santiago

Alumnado de 2º ESO no concerto diáctico en Santiago   Música clásica? Que rollo”. Pero resulta que non! Mola bastante! Ou iso pensan agora moitos do alumnado de 2º ESO que acudiron o xoves, 19 de xaneiro, a un estupendo concerto didáctico no Auditorio de Galicia en Santiago, acompañados das súas profesoras, Rosa Rutherford e Isolina Salgado. Cun narrador, bailaríns e a Real Filharmonía de Galicia, o concerto mantivo o interese dos rapaces e ao final incluso os menos convencidos recoñeceron que sempre é bo adquirir novas experiencias culturais.   
   

Os "Xílgaros do Ulla" cantan "Kumbayá" no V Festival Axenda 21


O coro do IES Valga participou un ano máis no Festival Axenda 21, celebrado nesta ocasión o 30 de maio 2013 no auditorio municipal. Esta quinta edición centrouse na diversidade cultural e polo tanto os "Xílgaros do Ulla", baixo a batuta do profesor Manuel Amenedo, cantaron o coñecido espiritual "Kumbayá". Iso si, con letra adaptada en galego para a ocasión pola profesora Pilar Buela.

Distribuir contido


by Dr. Radut