Skip to Content

Actividades

Os alumnos e alumnas de Música gozaron co concerto da Big Band de Valga

Alex Barreiro arrasa co trombón


O alumno do noso instituto Alex Barreiro arrasou co trombón durante o concerto que o pasado 27 de abril ofreceu a Big Band de Valga no Auditorio de Cordeiro. Todos os estudiantes que cursan Música no IES gozaron coa xenial actuación, baixo a batuta do director da Banda Municipal e da Escola de Música, Manuel Villar. Os nosos alumnos Sergio Piñeiro, Ismael Suárez e Brais Villar tamén tocaron, mentres Ana Blanco, María Rodríguez e Antía Villar formaron parte do coro para cancións tan emblemáticas como o "Think" de Aretha Franklin. Case nada.


Sergio Piñeiro


Sergio Piñeiro encandila co saxo.

Taller de canto con Maythe Leiva (18/03/2011)

O coro do IES Valga "Xílgaros do Ulla" cantou no Festival Axenda 21 (17/02/2011)

O coro do IES Valga, "Xílgaros do Ulla", dirixido polo profesor Manuel Amenedo, participou no Festival Axenda 21 celebrado o pasado 17 de febreiro en defensa do medio ambiente. Os alumnos e alumnas e varios profesores cantaron a antiga canción "Ay! Linda amiga" con letra adaptada para a ocasión pola profesora Pilar Buela, baixo o título "Din carricantas".

Para máis información e fotos sobre o Festival Axenda 21, consultade "Actividades - extraescolares".

Distribuir contido


by Dr. Radut